Opinión

O orgullo de sermos galegos

La palabra pregunta y se contesta, tiene alas o se mete en los túneles, se desprende de la boca que habla y se desliza en la oreja hasta el tímpano. La palabra es tan libre que da pánico ,divulga los secretos sin aviso e inventa(...). La palabra es un callejón de suertes y el registro de ausencias no queridas, puede sobrevivir al horizonte y al que la armó cuando era pensamiento puede ser como un perro o como un niño y embadurnar de rojo la memoria, puede salir de caza en silencio y regresar con el moral vacío. La palabra es correo del amor pero también es arrabal del odio golpea en las ventanas si diluvia y el corazón le abre los postigos ; ya que la palabra besa y muerde mejor la devolvemos al futuro…


('La palabra'. Patricia Tobaldo)


Que magnífica lección nos transmiten estas palabras! E é que as palabras non son neutras. A palabra ten un inmenso poder. Deixan pegada. As palabras poden construir pero tamén poden destruir, humillar e ferir . Por algo os gregos dicían que a palabra era divina e os filósofos loubaban o silencio.

Xa vai a terceira vez, por aquilo de que non hai dúas sen tres, que unha señora vasca, sen nengún sentido 'peyorativo', de nome Rosa Díez ten a ocorrencia ou falla de imaxinación, que todo pode ser, de lembrarse de nós, os galegos, para calificar a un presidente de Goberno e a un líder da oposición. Primeiro foi co señor Núñez, logo co señor Rajoy e agora resulta que o fixo co señor Zapatero. Que fixación! Seguro que Freud lle atoparía unha explicación. E claro, como non ía ser doutra maneira?, armouse as de “san Quintín” en todo o sentido peyorativo da expresión. Esperei un anaquiño a que escampara para escribir estas liñas por dous motivos básicos: primeiro, porque tiña outras cousas máis importantes sobre as que fixar a miña atención ca en alguén que, de cando en vez, necesita os seus quince minutos de gloria; e segundo, porque non me sinto ofendida. Verán, os aludidos por esta señora, sen nengún sentido peyorativo o de señora, que era, supoño a quenes ela dirixía o calificativo, non se ofenderon, máis ben creo que o tomaron coma unha loubanza. E eu como galega síntome alagada de que nos empregue para calificar a tan distinguidas personalidades do país aínda que sexa con sentido peyorativo. Supoño que cando esta señora se refiere ao de “sentido peyorativo” fai referencia a esa acepción do diccionario da RAE que aplica a este termo os sinónimos de “tonto e tartamudo”. Pero como me vou sentir ofendida por isto!, a tartamudez é un trastorno da fala e a tontería, coma persoa de pouca intelixencia, pásame o que a Forrest Gump naquela memorable película cando sentencia aquilo de “Stupid is as stupid does”. Sei que non fai falla traducila porque vostedes como bos galegos que son, sen nengún sentido peyorativo, xa me entenderon.

Se en realidade se refería a ese estereotipo galego de que nunca se sabe se subimos ou baixamos, tampouco me pode ofender; primeiro, porque isto non é peyorativo, só é un estereotipo, e os estereotipos son crenzas ilóxicas carentes de fundamento e calificados polos sociólogos coma “virus culturais” dañinos para a convivencia; e segundo, porque de ser certo só significaría que somos prudentes e a prudencia é unha virtude que nos axuda a reflexionar e a considerar os efectos que poden ter as nosas accións e as nosas palabras. Lástima que a señora Díez non sexa galega!

Para rematar, non me resisto a deixarlles un proverbio chino que aparece nun conto para nenos titulado “As dúas ras”: “Unha palabra pode axudarche a erguerte ou a destruirte. Teñamos coidado co que dicimos. Pero sobre todo co que escoitamos e de quen o escoitamos”.

Te puede interesar