Opinión

Festival fin de curso

Sorprenderá o último informe da OCDE (no que se afirma que ‘poñer orde na clase rouba ós profesores o 16% do seu tempo lectivo’) a quen non ten relación co ensino, pero o dato está máis que sabido por todos os ensinantes. Despois de analizar e reflexionar sobre o tema impónsenos un silencio cómplice con ese outro tipo de alumnos -afortunadamente os máis numerosos- que aguanta estoicamente esas conductas totalmente alleas a eles e que sería ben máis positivo para eles non ver. ¿Quén lle regala este tempo perdido a eses rapaces ‘normais’? (léase normal como un piropo), pois eles van ó cole para aprender, xa que as súas familias, os seus pais ‘normais’ saben que a educación nace na casa. En realidade son estes alumnos a esperanza para seguir traballando de todos os profesionais do ensino, os que lle alimentan a ilusión e evitan que moitos mestres tiren a toalla. Esa é a grandeza da xente ‘normal’. Agora que vai rematando o curso e é época de recoller os froitos, son estes nenos os que van conseguindo logros, superando obstáculos e vencendo as dificultades, porque a eles tamén lle son as cousas difíciles, pero é a educación e os valores inculcados na casa, a forza que os leva a bo porto.


Noraboa a todos eles por ser como son, e noraboa tamén o colexio Concepción Arenal polo seu festival de fin de curso que reuniu no auditorio, en armoniosa colaboración, ós profesores e ós alumnos que co poder da imaxinación souberon crear coreografías, bailes e cancións fabulosas que arrancaron aplausos e emocións. ¡Qué fermoso é compartir con arte! Alí estaban nenos e nenas, guapísimos, dando o mellor de sí e detrás, na sombra, onde non o alcance a luz do escenario, está o seu mestre ou mestra que ademáis do seu labor durante o curso, quere para el as bambalinas e o espectáculo, ese outro mundo no que el descubre moitas outras cousas.


Noraboa a todos, porque todos foron excelentes: Espe, Silvia, Andrea, Sonia, Manuel... e como non, a profe Loli, unha institución xa no cole pola súa colocación no escenario que recorda os cadros dos grandes artistas, pola sensibilidade musical, pola súa gran vocación e impresionante capacidade de transmitir, pola súa infinita visión dos saberes (historia, arte, folclore, literatura, entusiasmo...) por inxectar en vea ilusión e fantasía, empregando sempre o reforzo positivo nos nenos para espertalos ó interés, ó esforzo, e as ganas de saber. Todo aderezado coa delicadeza desas súas mans que rezuman espiritualidade. ¡Todos xenial! ¡Foi un espectáculo conmovedor!

Te puede interesar