Opinión

ESTA LÚA CHEA

Que pensará de nós ela, esta lúa chea na noite fría, tan magníficamente colocada aí arriba, nacida para ser admirada? Que pensará ela de ti, de mín, do noso ir e vir pola vida? Que contas botará ela do que é mellor e peor, do que é malo ou bo, do que é romántico? Os negocios pechan xa, o son seco da persiana laíase porque non foi bo día. A cara do comerciante denota certa preocupación. Apreta o abrigo, mira hacia arriba e vaise? O vello edificio non lle deixa ver máis alá. Entran no Centro Cultural unha parella collidos da man. Antes de entrar ela dalle un bico na boca e de esguello descubre a lúa que, para eles, brilla. O calor da sala contrasta na súa pel nada máis atravesar a porta. Dúas mulleres cobren coas bufandas as palabras que saen en forma de vapor polo tecido da prenda. Van coa cabeza baixa, mirando ó chan. Tiritan as súas siluetas perdéndose na rúa do Paseo entre as luces e as sombras da pedra e as farolas. As ramas desdebuxadas das árbores parecen brazos que ofrecen apertas de balde. Solitario instante, que me queres contar? Que lle dis a esta miña alma namorada da noite, do brillo e deste frío que me axuda a valorar unha casa quente, un corpo quente, unha caricia?? Pasa o artista con paso firme e mans nos petos recordando imaxes que definan o día transcorrido, deixa atrás unha xornada difícil na que empezou a percibir que lle falta fantasía.


Ela, a lúa, con corpo de muller, adéntrase na escuridade da Alameda disposta a darlle resposta a quen formule enigmas. Branca, solemne, redonda, amable e sensible observa a todos estes seres diminutos coa súa mirada amorosa, cómplice, de luminoso inxeño, meténdosenos neso que somos de carne e emoción. Recorre as rúas buscando a quen a guíe hacia nós para enchernos do que nos falta? Mociña de linda boca e ollos brillantes, soñaches comigo hoxe?

Te puede interesar