Opinión

MILIKI

Hai uns días perdemos a Miliki. Créame amigo lector, que estou escribindo por impulso, ese que alimenta a parte de nena que aínda son e á que lle custa aceptar que algunhas cousas nunca volverán.


As follas douradas, abandonadas, das árbores, danzaban acompasadas polo aire alfombrando a Praza das Mercedes, e un eco lonxano parecía traer a mín aquelas cancións cheas de vida e xúbilo nas que todo era posible: 'Susanita tiene un ratón?' Cheas de morriña infantil: 'Ha puesto un huevo, ha puesto dos, ha puesto tres? la gallina Turuleca?' De nostalxia: 'No hay nada más lindo que la familia unida.' De amor eterno: 'Chinita tú, chinito yo, y nuestro amol asi selá, siemple siemple igual?' De orgullo polo que somos e temos: 'Vamos de paseo en un coche feo, pero no me importa porque llevo torta.'


Porque o importante ?a clave- era saber contestar moi alto e rotundo a aquela sabia pregunta: '¿Cómo están ustedes?' Bieeeeeen! (Ninguén de nós sospeitou nunca que esto era programación neurolingüística.) A mín encantábame Fofó, pero a Miliki tíñalle cariño porque tocaba o acordeón coma o papá. Hai menos dun mes, coincidiu con outros humoristas nun acto e preguntoulles '¿cómo va la comedia? Ya sabeis, hay que hacer reír pase lo que pase'. Ahí queda o seu consello.


Nós fomos os nenos dos Paiasos da Tele. Seres entrañables que me facían rir a mín e a mamá, a todos os clientes do bar, de tódalas idades, tamén a aqueles que a pobreza e a guerra os deixou sen infancia. A todos. Aquelas cancións e aquelas aventuras non morreron en nós, nin morrerán.


Ás noivas lánzaselle rosas e arroz, a Miliki lánzalle o outono de Ourense follas douradas, de fermosas formas de terciopelo, empapadas de sensibilidade, poesía e nostalxia. Flores de ouro, de luminosidade anxelical, para quen coas notas doces da súa alegría acariñou o noso corazón inocente e ? 'chiquitín', como o ratiño de Susanita.

Te puede interesar