Opinión

NADAL

Dín que nos naceu un neno? Un símbolo, unha bandeira universal, un eslogan amable. Un home con mans que curan, palabras que sanan, actos que nos convencen de que levamos dentro algo especial. Din que na noite fría algúns fixeron que non vían nin ouvían, pero outros, bondadosos, díronlle cobixo a quen buscaba albergue. Dín que os poderosos calaron, enfeitizados polo Ben, e os outros, os humildes, percorreron camiños para poder ver o rostro de Deus e así comprobar se ría ou choraba coma nós, se pestenexaba ó mirar ou levaba nos ollos a luz do astro rei. O feroz Herodes perdeu o norte e a razón os que fixeron que non sabían, en realidade eran sabios que asistían e entendían a linguaxe das estrelas. Dín que tiña frío e que houbo quen lle diu calor, que tiña fame e que houbo quen lle levou de comer. Dín que lle tiraba polas barbas de San Xosé e que escachaba coa risa? Dino.


Dín que naceu unha vez, aquel día, pero verdadeiramente nace cada día en cada ser, eternamente. Porque é un símbolo, unha historia, unha lenda que nutre os espíritos puros. E a ti que che nace, amigo lector? Como se chama a chave que abre a porta da túa alma? Que combinación segreda esconde o teu corazonciño de neno aínda? Nacerá o amor, a ilusión, o manxar delicioso que lle dá forma o noso esplendor de flor diminuta e que nos espera nese Lugar Sagrado que se chama Esperanza?

Te puede interesar