Opinión

Samaín

Fóronsenos un día, máis non se foron, sempre serán nosos os recordos, as palabras que resoan aínda nos nosos corazóns como recén saídas da súa boca, as súas expresións que como imaxe conxelada recuperamos, a veces, para o noso escenario particular.


Xa nos parecen actores, actrices, figuras importantes que dixeron frases importantes e promoveron sucesos importantes. Aqueles valores, aquelas cualidades que admiramos deles. E que para nós ansiamos, non morreron nunca nin morrerán. A distancia -infinita-, e o tempo -implacable- domaron o noso sentir e forzounos a vida a aprender a voar sen a súa mirada detrás, en esa forza que che daba a súa risa, ese quererte por encima de todo que te deixaba nova.


Agora, ese incondicional apoio, ¿onde está? ¿con que anxo marchou a postura da súa man ó falar? ¿quén levou para o alén a inclinación da súa cabeza pensativa?


Algúns fóronse despois de que tiveramos claro que nos querían, outros non tiveron tempo de repetírnolo unha vez máis. Uns morreron coas botas postas, outros en cambio, soíños, na máis pura soedade e no desconcerto que ten que infundir este trance final.


Pero aquí volve un ano máis a festa do Samaín que nos abre de par en par as portas para que premiemos a súa memoria coa máis fermosa flor e co pensamento máis elevado.


¿Fóronsenos un día, ou estannos enchendo a nós de eternidade?

Te puede interesar