Opinión

SAMAÍN

Fóronse un día para sempre quedar. Si, porque pechando os ollos non fixeron outra cousa que abrilos á inmensidade, á grandiosidade do espírito. Con máis forza percibimos a súa presencia: dende o máis grave silencio ouvimos -nítidas- as súas voces. Dende a soedade máis triste notamos -coa pel emocionada- as súas cálidas apertas e os abrazos de fortaleza. Fóronse para sempre quedar porque non hai adeuses se hai amor, non hai esquecemento se hai recordos, non hai perda se te rescato da illa do abandono e da distancia.


Por eso temos sempre flores no xardín da alma con plumas que voan hacia o ceo e bicos con pétalos de cores que chegan a eses corazóns xa celestiais. E temos estas festas do Samaín que abren as portas do Máis Alá para que nun intre pequeño -nun breve sono infantil- poidamos sentir de novo aquel cariño, aquela admiración, o incondicional apoio e a man quentiña de quen nos quixo tanto?


Un día fóronse para sempre quedar en nós, neste diminuto cáliz temporal que somos e que protexe o santo grial, ata o día que tamén nós nos teñamos que ir.

Te puede interesar