Opinión

Os xóvenes, e a alegría de vivir

Despois de vivir esta semana tráxica ourensana, que nos deixou a todos o corazón encollido pola sen razón dos fitos, debemos recuperar o ritmo para volver á normalidade aínda que a todos nos seguen asaltando centos de preguntas e desexamos outro desenlace que nos evada da lamentable realidade. Deberemos pois sacar unha lección e reiterar unha vez máis que todo aquelo que nos aliena e nos corta a ‘visión’ nunca conduce á felicidade. A xuventude, ese ‘divino tesoro’ do que falaba o poeta, é por sí mesma, e en si mesma, un valor, unha búsqueda de identidade que require conciencia e lucidez, é a verdadeira flor da liberdade, coa súa propia inmadurez, coa súa peculiar rebeldía, coa súa xenuina orixinalidade pero sendo sempre alegre e vital, desenfadada e especial pero tamén natural e sana. Os nosos xóvenes deben reflexionar sobre ese ‘todo vale’ que lle queren vender, ese mundo irreal que lle ofrecen como panacea hacia a liberdade, cando lonxe de poñerlle ás, o que fai e oprimilos coa cadea da adicción facéndolles perder todo o valioso, incluídos eles mesmos. É triste ver murchar nos nosos mozos a flor máis linda.


A alegría de vivir, divertirse e ser xoven é ser consciente de sí, para sentir hacia adentro ese respecto e dignidade a nós mesmos, pois, queréndonos e autoestimándonos entregámonos o maior tesouro. Despois do tráxico suceso queda patente o cariño e abrigo dos mociños de Toén que incansables recorrían o monte para atopar a súa amiga, queda tamén o arduo camiño que vai ter que recorrer un pobo dividido para sempre que aprende a encauzar a rutina doutro xeito, queda o dolor desesperado deses cuatro pais, que perderon dunha maneira ou outra, aquelo que máis querían, e queda o entregado labor e afán das Forzas de Seguridade -en especial mención a Garda Civil- que con impecable profesionalidade dilucidou os feitos.


Quede aí o noso respecto e admiración por quen se entrega á súa misión pola seguridade de todos. A súa rapidez e determinación fixeron sentir orgullo ós cidadáns de Ourense, esa pequena cidade que quixera ser coñecida no exterior polas súas augas termais, ou a súa Caedral e non por este episodio luctuoso que nos conmoveu a todos, pero xa se sabe, a vida ten o seu tecido misterioso.



Te puede interesar