Opinión

Manifestación ¡Por construir o hospital!

O fin de semana do San Xosé, con motivo dunha visita ao Hospital do Meixoeiro en Vigo, atopeime con montóns de octavillas “informativas” enriba das mesas que dan acceso aos ascensores. Decateime de seguido que tales “informacións” deberían ser de interese. Xa na planta, unha señora con cara de circunstancias, ao tempo que lía a octavilla, exclamaba: “¡Non pode ser!” A curiosidade embargoume, o que me conduce a coller eu tamén o panfletiño de marras e pórme a lelo: “A toda a cidadanía: Os traballadores/as da sanidade, os seus representantes e a Plataforma da Sanidade Pública de Vigo fan un chamamento a todo o pobo de Vigo e Comarca a rexeitar a privatización da sanidade pública, o malgasto e o endebedamento e poñerlle freo ao copagamento... Rexeitamos o negocio privado a costa da saúde da cidadanía... por iso pedímosche que te mobilices connosco. Manifestación da cidadanía o 25 de marzo, por unha sanidade pública, gratuíta e de calidade”.

Nin que dicir ten que se algo do contido “informativo” da octavilla fora verdade, eu mesmo non só poría cara de circunstancias -como no caso da señora-, senón que situaríame á fronte da manifestación. Pero non, ningún viso de realidade, e como “la verdad es la verdad, la diga Agamenón o su porquero, aunque la verdad de Agamenón no siempre coincida con la del porquero”, cumpre polo ben da nosa sanidade, sempre pública, universal e equitativa, informar da auténtica realidade, para que nesta ocasión a verdade de Agamenón coincida coa do porqueiro. A transcendencia obriga.

Despois de case catro anos de goberno bipartito en Galicia, enredando –isto creo eu a pés puntillas- xa que deron como prazo o 2012 para un novo hospital en Vigo, deixaron o goberno sen acordos de expropiacións de terreos; aínda que, iso si, sete maquetas e catro proxectos presentados, máis catro millóns de euros gastados. Vir falar agora de privatizar a sanidade cando por fin un goberno decidiu construír o novo hospital de Vigo, máis ben parece unha pataleta froito da incapacidade de quen non procurou nada. Ademais de xerar un discurso superado, exclusivamente político, plasmado nun panfleto, que se lle facemos caso só se entende no sentido de meterlle medo do corpo aos vigueses e aos futuros usuarios da sanidade.

Non. Non se trata de privatizar nada coa construción do novo hospital de Vigo, senón que se trata de financiar a infraestrutura mediante a fórmula de pago aprazado. É unha inversión en un ben de capital público, que se financia con capital privado, na que a inversión se adianta por inversores privados, e a Administración apraza o pago a exercicios seguintes. Que se saiba, é a xestión, a prestación de servicios sanitarios, coa súa correspondente financiación pública, as que dan carácter público á sanidade, e non quen constrúe o edificio. A maiores, con esta fórmula, preténdese manter o esforzo inversor en Galicia -neste caso en Vigo-, nun momento de dificultade económica.

A xustificación da manifestación, ¡por levar a cabo -¡por fin!- un hospital en Vigo!, é que se privatiza a sanidade e se hipoteca futuro, ademais do negocio que se faría coa sanidade pública, resulta na súa totalidade arte surrealista carente de credibilidade:

-Non se privatiza a sanidade, da mesma maneira que non se privatiza a depuradora de Vigo. Non se entende que a depuradora poida ser pública captando capital privado para a súa construción, pero non así o hospital.

-Non se comprende o motivo das protestas, por hipotecar o futuro coa financiación público privada para as infraestruturas sanitarias e non para autopistas ou a depuradora. E o mesmo argumento é válido para os preocupados pola construción do hospital de Vigo, que o consideran negocio, e sen embargo non así para outras construcións públicas. E sinto a miñas dubidas sobre se os contrarios á construción do hospital son coñecedores da “Ley de Captación de Financiación en los Mercados concesionales de Obras Públicas”, que busca fomentar a participación da financiación privada na construción de infraestruturas públicas. ¿E como explicamos que, mentres Zapatero destaca que a fórmula público privada de financiación de infraestruturas, por valor de 17.000 millóns, para os próximos dous anos “es la mayor estrategia de colaboración en la historia de España”, en Galicia se trata de privatizar e hipotecar o futuro? Ou que as construcións de edificios sanitarios, mediante fórmula de pago aprazado, se leven a cabo noutras comunidades, de diverso color político, e aquí sexan o demo vivinte.

A vicepresidenta Fernández de la Vega o explica: “El texto de la Ley busca facilitar que los recursos privados contribuyan a financiar las infraestruturas públicas, cuya construción vienen siendo una fuente de actividad económica y de creación de empleo”. Pois no caso de Vigo se cumpre unha norma que otorga garantía, habilita facilidades e seguridade, o que leva a promover inversións nun periodo máis curto de tempo, e que un goberno responsable non pode demorar máis.

¿Contra quienes se manifestaron el día 25 de marzo los vigueses?, de la misma manera que se preguntaba Unamuno ¿contra quién aplauden?

Te puede interesar