Opinión

Todos os ovos na mesma cesta

Só fixo falla que houbera congreso provincial do PP para adquirir actualidade a expresión do titular. ¿Cantos, nestes días, estarán apelando ao saber o futuro, da mesma maneira que o ignoran? Aínda que daría todo o que sei pola metade do que ignoro (R. Descartes), os altos executivos da banca nunca entenderon ben o famoso principio financeiro de non por todos os ovos na mesma cesta. Ocórrelle igual ao mozo que, tratando de independizarse, compra un piso sen case patrimonio e con unha renda baixa, pero enfeudándose enormemente: puxo todos os ovos na mesma cesta, a vivenda. Tamén o é á hora de evitar o risco de perder todo, senón se diversifica a inversión -en forma de avais- no congreso do PP, segundo algún insigne.


¡Que se hai chamadas de presión!, din os medios. Non coñezo a ninguén do PP que sexa tan débil psiquicamente que lle poidan desorientar a intención do seu aval tras unha chamada. Aínda que o chamante aconselle que ‘non é bo pór todos os ovos na mesma cesta’. ¡Con pouco se contenta! A catadura moral de tan elevado insigne se torna conselleiro sen saber das oveiras de papel prensado, cando este serviu de casco protector ao froito das galiñas. Antes de estas oveiras, xa o máis torpe dos tendeiros sabía que non era prudente trasladar todos os ovos na mesma cesta. Tamén se di dos curtocircuítos, que poden ocorrer cando o disparate loxístico fai que todas as señais dun servicio estean concentradas nun mesmo punto.


Cando era rapaz, observei como o profesor de educación física reprocháballe a algúns compañeiros con un ‘parece que estás pisando ovos’. Co tempo, decateime que a expresión viña a conto polo camiñar dubitativo ou vacilante de determinados rapaces, á hora de intentar realizar os exercicios. Non os facían ben, pero sempre buscaban escusas diante do profesor... ata que este dixo dunha vez por todas: ‘¡Vale xa, ata aquí chegamos! Toca traballar para facelo ben, polo ben voso (alumnos) e o da institución (colexio)’. A partires de aí todo se normalizaba, e o éxito xeral estaba garantido sen recelos entre as partes.


O mesmo sucede no momento de elixir ao máximo expoñente, líder ou presidente dunha formación política. Se poderá dicir e argumentar, pero sempre para o éxito da institución a presidir. Aínda con argumentos que o insigne de torno non saiba, como que existen oveiras de papel prensado de casco protector, antes de pedir non pór todos os ovos na mesma cesta.


Moralexa: cando se necesita unha baza e poida vir de dous paos, no lugar de pór os ovos na mesma cesta, inténtese combinar o carteo de ámbolos paos. Eu non sei se me entendiches insigne.


(*) Deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia

Te puede interesar