Opinión

A sociedade da neve

La sociedad de la nieve
photo_camera La sociedad de la nieve

Desde unhas semanas La sociedad de la nieve de Juan Antonio Bayona leva dispoñible en Netflix, despois dun brevísimo paso na carteleira do cinema comercial. A película é un relato baseado en feitos reais. No 1972, o voo 571 partido de Montevideo con destino a Santiago de Chile, por un erro da lectura dos instrumentos a bordo, descendeu antes de tempo, impactando contra o fío dunha montaña, a 1200 metros da fronteira con Chile. A aeronave transportaba a 5 tripulantes e 40 pasaxeiros, incluídos 19 membros do equipo de rugby Old Christians Club, xunto con algúns familiares, simpatizantes e amigos. Sobreviviron 16. Despois de 72 días, dous deles conseguiron cruzar as montañas conseguindo un rescate.

O cine xa retratou esta traxedia anteriormente. Supervivientes de los Andes, foi a primeira, unha a película mexicana estreada en 1976 que centrábase máis no morbo do tema da antropofaxia. Viven! de Frank Marshall, do 1993, con Ethan Hawke e Josh Hamilton, corrixiu os erros da primeira, e sen dúbida chega a ser unha dramatización máis respectuosa. Tamén o cine documental abordou esta historia de supervivencia. Películas como Milagro en los Andes (2010), Naufrago de los Andes (2009) ou El valle de las lágrimas (2020), son algúns documentais que intentan abordar o chamado ‘milagre dos Andes’ desde diferentes puntos de vista.

El filme de J. A. Bayona intenta ser la obra definitiva sobre este acontecemento, o resultado de dez anos de produción e 140 días de rodaxe. A odisea dos dous superviventes está relatada desde mesturando realismo e melodrama de forma desgarradora. La sociedad de la nieve é un relato cru pero non cae no escabroso, afástase do morbo convertendo o tema da antropofaxia en algo simbólico.

En máis de dúas horas e media, o cineasta alterna escenas emotivamente intensas a outras mais efectistas. Con respecto a estas últimas, o cineasta chega á cume na secuencia do accidente do avión, tecnicamente impecable, confirmando a dote especial do cineasta para relatar as catástrofes desde dentro, unha arte que xa luciu en Lo imposible (2020).

A dramatización dos eventos relacionados coa supervivencia nun territorio tan extremo e hostil como os Andes, está contada desde un punto de vista emotivo e físico. J. A. Bayona recrea con detallismo e meticulosidade a cada golpe, a cada proba de resistencia contra a morte. Ademais o cineasta aproveita a maxestosidade da paisaxe, unha beleza terrible e fría dun territorio que, como se repite en diferentes escenas da película, non está feito para que o habite o home. Neste contesto o filme consegue escenificar unha oda á solidariedade, ao cooperativismo, unha antítese da maldade humana narrada en El señor de las moscas ou no cinismo colectivo contado na recente película de Ruben Östlund, El triángulo de la tristeza (2022). Pero, sobre todo, La sociedad de la nieve fai unha homenaxe sentida aos mortos a partir da voz en off que acompaña o espectador de principio a final. Sen dúbida La sociedad de la nieve é unha experiencia cinematográfica singular, unha proba de resistencia inmersiva, e un dos filmes españois desta tempada.

Te puede interesar