Opinión

Este mundo non me fará vil

Segunda temporada de la serie Cortar por la línea de puntos

A mellor serie de animación para adultos europea, creada por Zerocalcare, chega a Netflix cunha segunda tempada. Seis capítulos de 30 minutos cada un inspirados sobre vida en cómic do ilustrador contemporáneo máis celebre de Italia. Para quen non viu a primeira entrega, Cortar por la línea de puntos -estreada en Netflix no 2019– hai que dar unhas coordinadas. Zerocalcare é un non-mozo do barrio romano de Tor Vergata que ten un armadillo por subconsciente e reflexiona intensamente, mesturando humor negro e poesía, sobre a súa traxectoria vital. Os últimos dous capítulos da primeira tempada quedáronse para o recordo, deixando atrás un éxito sen precedentes e gana de máis entregas. Para dar unha idea: hai uns días, cinco mil persoas puxéronse na cola na periferia de Roma, para ver en anteprima os primeiros dous capítulos de esta nova miniserie firmada por el e titulada Este mundo no me hará mala persona.

Zerocalcare –nome artístico de Michele Rech- converteuse no portavoz involuntario dunha enteira xeración desencantada, indignada, crecida coa televisión analóxica de Berlusconi e que malvive coleccionando un traballo mal pagado detrás de outro. Todo o que pasa nas novelas gráficas do autor é auténtico. Seis das súas sete obras son unha reelaboración directa da súa biografía. Ao mesmo tempo, Zerocalcare é un artista que mantén unha forte implicación cos movementos políticos e sociais do seu país. E esta nova miniserie elixe con especial compromiso esta dirección. Dende a periferia, Este mundo no me hará mala persona toca variados temas como a educación, o consumo das drogas, o trato da inmigración por parte dos políticos e o novo fascismo.

A través dunha historia de amizade, o regreso dun antigo amigo ao seu barrio, Zerocalcare pon todas esas cuestións facéndonos dubidar constantemente sobre o significado de facer o correcto. Ao igual que na miniserie anterior, Este mundo no me hará mala persona configúrase como un longo flashback e os acontecementos van cobrando sentido capítulo tras capítulo. En todos emerxe a necesitade de denunciar a intolerancia. Zerocalcare intenta explicar, cunha boa dose de autocrítica, como nacen sentimentos de odio cara unha colectividade. Ao igual, entre unha reflexión contundente e outra mais poética, hai espazo para as explicacións irresistibles sobre o funcionamento dun pleno do concello en Roma, ademais das descricións surreais das regras ocultas que rexen a convivencia na periferia.

Zerocalcare é o creador, guionista e o principal dobrador da serie –en Italia criticaron o seu uso excesivo do dialecto romano. Afeccionado á música, encargouse persoalmente de escoller unha banda sonora moi variada que vai das cancións orixinais de Giancane ou Path, a clásicos de Ricchi e Poveri ou 883, e outros temas internacionais moi coñecidos como “I Fought de Law” de The Clash ou “Friday I’m in Love” de The Cure. A estrea en Neflix de Este mundo no me hará mala persona é un acontecemento imprescindible para os amantes da animación anticonformista para adultos. Tamén pode ser un gran descubrimento para os que queren estrearse como espectadores neste formato pouco común en xeito de serie en Europa e que segue gañando público arredor do mundo.

Te puede interesar