Opinión

anuel de Dios

Deixounos Manolo de Dios. Foise e deixounos orfos da súa campaña, da súa voz e do seu exemplo. Foise e levou consigo unha parte importante da sabencia e da memoria da nosa cultura, ricaz e milenaria. Mais, se non foi de todo. Deixounos a lembranza do seu talante; duro e airado, en ocasiós, froito da esixencia polo labor bén feito e polo seu natural perfeucionista, que comezaba por si mesmo, e doce e agarimoso en outras, aberto a todos e, sobor de todo,. ós seus: parentes, amigos, alunos e coristas.


Como si a distancia desde Berlín, onde trato de enfiar estas liñas, me agrandase a perspeutiva, penso si non sería o xesto adusto, de algunha socasiós, unha caste de auto defensa pra que a confianza non estragase o labor bén feito e si o árbore que representa a súa persoa non será o que impide ver o mato que representa ó persoaxe.


Lembro, con admiración, aquil xeito de impartir magisterio, nas moitas materias que il dominaba, cunha sinxeleza coma si fosen de algén que ‘pasaba por alí’. Isto faime lembrar, p.ex., a súa teoría de que o nome do Carballiño pode vir do Carballín asturiano (non hai que esquecerse de que os de Oviedo son alcumados ‘carbayones’). Un argumento de peso é que, arredor da vila, hai lugares de indubidable sabor asturiano, como son Señorín, Dadín e Astureses. Hai xente que prefire unha xenealoxía mais heroida, tipo Viceto, pras súas raigames e, pola inesistencia, hastra o momento, de probas documentales, aplícanse as que mais lle acomodan. O que está moi nidio, na teoría de Manolo de Dios e que, como diría un italiano ‘si non e vero e bene trovatto’.


Estiven dándolle o adeus postreiro, na eirexa de San Paio de Albán, e sintín un non sei que, como de anguria e señardade, ó ver que na inhumación dun home bon e xeneroso, que foi parte da mais enxebre cultura ourensá e galega, nos últimos corenta anos, se non escoitou unha voz da Coral de Ruada que, si algo fixo sempre bén foi despedir ós seus membros con cariño, emoción e solemnidade. Tamén estou convencido de que algún atranco, de forza mayor, foi a causa que o impidiu e de que será debidamente subsanada e que non rematará nunha confirmación mais do refrán aqul de ‘na casa do ferreiro...’.


Espero que o Concello de Ourense se decate, con tempo, de que o remate desta andaina é cousa que lle corresponde e obre en consecuencia.


M

Te puede interesar