Opinión

¡¡Basta xa!!

De cando eu era rapaz, aparte dos tópicos, contos, adxetivos, refrás, etc., que, sobor dos galegos, circulaban, tiñan os castelaos un dito, peiorativo, que pretendía definir o complicado do caráuter galego, clasificandóo en castes. ‘Los finos, entrefinos, cochinos, marranos, los que ladran, los que muerden y los que ni la madre que los parió los entiende’.


O meu subconscente, vai a saber ti por que razós, fíxomo lembrar cando ollei a manifestación da Mesa pola Normalización Linguística, en Santiago, no Día das Letras Galegas. Fixo que me puxera a considerar en que caste de galego estaría eu, e mailos galegos que pensan coma min, si ise dito fose verdade ien cal estarían iles. Está nidio coma o día que, desde logo, non estaríamos encadrados na mesma pois, do que non teño dúbida é de que, sendo tan galegos unhos coma os outros, non pensamos o mesmo.


A dita Mesa asemella andar desacougada pola perda de prebendas e das abondosas subvenciós que acibían e que, lóxicamente, deixarán de manexar. Porque, se non engañe ningén, o que lles dóe, por moito que digan e berren, non é a ‘salvación’ dunha lingua, que teñen mais que deturpada, sinon mais bén, o perder a chave da córte.


Permítense amenazar ó Goberno entrante da Xunta, cunha folga xeral do profesorado si o presidente, cumplindo a súa promesa eleutoral, deroga o decreto sobor do galego no ensino, por ser apoiado, no seu día, por unha ampla maoría de orgaísmos e cidadaos. O que non dicen é que iste voto implícito da cidadanía galega foi conquerido con promesas dun determinado xeito de desenrolo e programación, e que foi executado, todo il, á contra dos intereses de todolos galegos e que, precisamente por iso, acadou nas urnas o ‘premio’ dun pobo que se respeta mais do que iles. O mesmo pobo que lles dera ise apoio de que tanto fachendean. Teñen, forzosamente, que respetar o sentir dos galegos, espresados nas urnas. E xa non é, niste caso, que queira a Xunta a derogación por ser cousa ‘parida’ polos nacio-socialistas porque, pola contra, foi cousa do señor Fraga e compaña. O que iles vaian á contra disto faise desde o complexo maiestático de ser a representación de todolos galegos. O curioso é que todo isto se faga cando aínda se non pronunciou o que tén a potestade pra facelo, nin sobor do fondo nin sobor da forma. O de poñer a venda diante da ferida é un intento descarado de coación, apoiado con toda a ruidosa parafernalia que se acostuma nistes casos, e mesmo coa compaña de cativos, vítimas inocentes dunha mais que discutible labor de adoutrinamento.


Esta xente, tan demócrata que boicotea unha manifestación de cidadaos a prol do bilinguismo, trocando a forza da razón pola razón da forza, e que amenaza ós que non pensan coma iles, deixa ver, nidiamente, que o que quere é acadar un monolinguismo laminador, castrante i empobrecedor pra todo o pobo galego, e trata de facelo cun discurso soio crible pra convenidos ou xente sin criterio, do mundo ó revés, de que son os bilinguístas os que queren que morra o galego.


Os que estamos certos de que é unha obviedade que o bilinguismo é arriquecedor, do mesmo xeito que tén mais o que tén dous euros do que tén un, temos que dicirlle a esta xente que teña sentido da súa responsabilidade co seu país, que se non arroge a facultade de representarnos no noso libre albedrío, no uso da nosa liberdade, e que ¡¡basta xa!! de tanto salvapatrias iluminado, de chifre e pancarta.



Te puede interesar