Opinión

o devecer do galego

Sería de risa, si non fose patético, o afán de moita xente por culpar á Xunta autual e mais as asociaciós pro bilinguismo polo devecer do número de falantes en galego. Aínda que o proceso de diminución de falantes é relativamente lento, polo que hai que analizalo nun número prudencial de anos e, ás veces, mesmo en xeraciós, a teimosía dos que empregan o idioma como arma política -nada que ver cos verdadeiros intereses dos galegos- andan a botarlle a culpa do mal a unha Xunta que aínda non leva un ano no poder. Obviamente, un lapso de tempo a todas luces insuficiente pra corrixir os erros que os anteriores dirixentes deixaron e que, curiosamente, lle achacan agora ós entrantes.

O mesmo acontece no ataque ós grupos que abogan polo bilingüismo. Parece que se non queren decatar do que ista verba siñifica: dúas linguas. Si de algo podemos fachendear os galegos é do noso bilinguismo. Curiosamente, son xente coma os da Mesa pola Normalización os que parecen querer rirse da intelixencia dos galegos, co argumento de que o bilinguismo persige a eliminación do galego e, pola contra, coa intención de que se elimine o castelán. Non parecen entender o “recado” que os galegos lle deixaron nas urnas.

Toda ista xente, coa súa inmersión no portugués e co ensino obrigado dun idioma que ningún galego pode recoñecer como seu, foi a causa diste devecemento. Cando os rapaces voltaban da escola cuns deberes, un vocabulario, unha ortografía e unha prosodia que ningún galego oíra antes, as mulleres galegas deron en matinar, ou o subconscente llo marcou, que pra non entenderse en dous idiomas distintos, millor en ningún. Isto, pronosticado e repetido moitas veces nas follas diste noso xornal La Región, foi o fito en que, volvo repetilo por enésima vez, o galego sinou a súa sentencia de morte. E lle non votemos a culpa ó inglés. As linguas non falan. Son faladas.

Si queremos facer algo positivo polo galego, ensinémolo, e tamén o castelán, como si de dúas linguas estranas se tratase. O dominio acadado nelas será o que marque o maior ou menor uso de cada unha, asegún a vontade do usuario, dentro do exercicio da súa liberdade e libre albedrío.

E,pra rematar, quero repetir o da importancia fundamental da trasmisión oral. Está a morrer porque as mulleres e homes galegos, aínda que quixeran, non poden trasmitir un idioma que descoñecen.como é o galego normativo, que nadie lle trasmitiu a iles. ¿Algén se parou a pensar en que, hastra dagora, ningún galego foi ensinado a rezar en galego de xeito natural, cando son as mulleres, precisamente, as que nos ensinan?

Te puede interesar