Opinión

‘Mesa’ versus Xunta

É cando menos abraiante, por non usar epítetos mais ‘fortes’, o comunicado en que a Mesa pola Normalización Linguística reta ó futuro Goberno da Xunta a conquerir unha norma cun mór respaldo do que a que rixe hoxendía. Cunhos argumentos que se non sabe si son produto da iñorancia, do seutarismo ou da comenencia, mesmo asemella que se queren bulrar da intelixencia dos galegos. Por algo se autodefine ‘a maior asociación cultural de Galicia’. Lembran que o decreto vixente sobor da lingua ‘tuvo el apoyo e impulso del Consello Escolar de Galicia, de todas las organizaciones estudiantiles, de la federación pública de asociaciones de padres y madres, de la federación de centros católicos, de los sindicatos que representan al 90% del profesorado y de los movimientos de renovación pedagógica’ ‘... en opinión de esta asociación, anunciar la derogación de esta norma es procurar una confrontación indeseable’ y ‘no sería gobernar para todos’.


É moi normal que, nun principio, ‘vendéndonos a mula’ de que cadaquén falase iescribise como quixese, hastra o intre en que estivese rematada a norma de uso xeral do idioma literario, é dicir, o galego escrito, común pra todos, acadaran un amplo consenso.


Plantexado así, era previsible unha boa e xeral acollida, e mais si se tén en conta que, ancestralmente, a falla dunha escrita integradora do idioma era coma un complexo devecedor da autoestima linguística dos galegos.


Mais, si o Consello Escolar de Galicia soubese que o que se ía ensinar, como galego, sería un idioma inventado e imposto ‘manu militari’, non creo que o apoiasen.


Si todaslas orgaizaciós, federaciós estudantiles e de pais e nais soubesen todo isto e mais os esforzos e, incluso, abandonos de estudos e deserciós hacia outros lugares que ocasionarían, tamén é doado comprender que o non respaldarían.


Coido, asimismo, que a maioría do profesorado e dos movementos de renovación pedaxógica, polo menos os non influídos por postulados políticos radicales, tampouco iría nesa procesión.


A proba mais palmaria de que ista é a realidade é que a devandita xente que ‘non dixo non’ ó decreto, que non é o mesmo que ‘dicir que si’, como se nos quere vender, é a mesma que estaba en Santiago defendendo o bilinguismo e mailo dereito de educar ós seus fillos na lingua que lles pete. Os resultados eleitorales diron fe incontestable.


Esta mesa, que non é unha orgaización oficial, aínda que opere e reciba subvenciós coma si o fose, tén traballado arreo no eido da inmersión linguística, con acento luso, e coa teima de rematar nun monolinguismo empobrecedor e tribal.


Agora que se laian do descenso de galego falantes, por mór das políticas linguísticas por iles auspiciadas, e que albiscan un novo xeito de facer, xa anunciado, poñen a venda antes da ferida e apóñenlle ó novo Gobierno unha intención de ‘procurar unha confrontación e de non gobernar pra todos’. Precisamente, o que iles fixeron sempre.


Dicen agora, istes defensores do monolinguismo, que ‘quien honestamente diga defender el bilingüísmo, deberá apoyar al idioma que está discriminado y no salir a la palestra para que se machaque aún más’. Ia min que me daba que o que se pretendía discriminar era o castelán... Moi revoltas deben andar as augas pola Mesa, cando xa os comunicados se fan en castelán. ¿Será door pola nosa lingua ou polas subvenciós perdidas?

Te puede interesar