Opinión

Normalización

Nnormalización, dito dun xeito sinxelo, é acadar a normalidade. O termo ‘normalización’, cando atinxe a un idioma, suponse que é unha responsabilidade da academia linguística correspondente que, parafraseando o lema da española, ‘Limpia, Fija y da Esplendor’.


Cando se fala de normalización linguística, nun caso coma o de Galicia, o termo sirve, coas correspondentes perversiós da linguaxe, coma un xeito que pode empregar cadaquén, pra achegar a iauga ó muiño dos seus postulados.


Na teoría, suponse que a normalidade consiste en falar no mesmo idioma en que lle falen a un. Si a situación precisa de normalización é que algo non vai bén. Pra conquerir isto, ‘Perogrullo dixit’, é imprescindible coñecer os dous idiomas. Ou sexa, é unha insensatez e un despropósito tratar de establecer diferencia que non sexan as propias do seu ámeto e importancia respeutivas, en base a criterios irracionales ou escluíntes, por mor dunha visceralidade cegatoña.


Cando levamos séculos cun bilinguismo ‘armónico’, por mor de ocupar o galego o ámeto da relación familiar e de amizade, do amor, da cultura propia; io castelán o do uso común na política, nos papeles oficiales, notariales, etcétera, e mesmo a do ensino, non é de recibo que se lle chame normalización a tratar de subvertir a normalidade establecida e, por mais que poidamos desexar unha situación determinada, o que non podemos ou debemos facer é confundir os desexos coa realidade. Hai que ser honestos, en calquer debate, e non tornar sempre a iauga pro noso lameiro, tratanto sempre de ficar por riba, coma o aceite na iauga. Se non pode dicir, p. ex., pra defender o uso do ensino do galego nas asinaturas téunicas, que dous rapaces que foron ensinados en galego en algunha delas, acadaron unha nota estimable. Isto soio fala da capacidade dos citados rapaces e, ademáis, sería un intento de trocar a esceución en norma. Porque ¿dous rapaces entre cantos? Iste é o mesmo conto do euskera, que tamén pretende sustituír ó castelán no ensino. Isto, con un idioma que tén un vocabulario tan limitado que tén máis dun 75% de apropiaciós de outros idiomas, sobor de todo do castelán. O sistema é sinxelo, apropianse da correspondente verba e, pra facelo plural, engádenlle AK. Así temos verbas de antiga raizame vasca, coma preso/presoak; parke/parkeak; kale/kaleak, etcétera. O mesmo acontece co noso ensino.


É certo que non podemos facer distinciós na categoría de dúas fermosas linguas que temos a sorte de posuír, por iso debemos de coñecelas e usalas, cando e coma nos conveña, en cada intre. Teremos ocasiós dabondo pra empregar as dúas no eido que millor lle acomode a cada un en base a liberdade individual das persoas. Iso é a verdadeira normalización linguística. O que fan ises nomeados departamentos que entenden na custión, dentro de certas empresas, orgaísmos oficiales, etcétera, é precisamente unha ‘anormalidade’.

Te puede interesar