Opinión

O pato ios patiños

O meu amigo, e tamén conferiré do “serenísimo” capiduo dos amigos da esmorga e dos viños sin bautizar, Quique Gómez Pato, era, mesmo coma seus irmaus Serafín e Xulio, un home de moito humor, moi retranqueiro e cunhas “saídas” gargallantes e unha pluma moi doada, como podemos acreditar os que tivemos a sorte de disfroitalo no tempo en que escribía nas páxinas de La Región e, aínda mais, os que tivemos a sorte de tratalo persoalmente.

Coma non podía ser menos, os seus fillos, o Lislé io Ranciño, tiraban á raza ieran, aínda moi cativiños, do máis esperto iocurrente. Xuntos, e co nome artístico de “O Pato ios Patiños”, fixeron moitas representaciós en moitos e distintos lugares e sempre improvisando.

Aconteceu que unha das representaciós foi nun teatro de Oviedo.

Ó ergerse o telón, e no medio do escenario, estaban os tres artistas mirando, abraiados, pras butacas onde se sentaban todalas autoridades, lucindo os seus traxes de gala naquela función benéfica.

O Lislé díxolle ó Pato:

-Ordia papá, ¿quen é toda esa xente?

-¿Elogo non o vés? Son as autoridades io público que vén a ver a función.

-E ¿qué é aquil que tén tantas cousas penduradas ia cinta bermella no peito?

-É o gobernador militar.

-¿Iaquil de branco coa cinta marela?.

-O gobernador civil.

-¿Iaquil outro do caiado ia camisa azul?

-O alcalde.

-¿Iaquil da saia morada io carapucho?

-O bispo.

Naquil intre, o Ranciño, que non perdía detalle, dixo:

-Non tal.

-Si tal.

-Non pode ser.

-Pois é.

-¿E ti estás seguro de que un home tan novo como é o da falda io anel grande é o bispo?

-Segurísimo.

-¿Tan novo?

-Tan novo.

-Pois, daquela…dame que che debe ser “fillo do cuerpo”.

Te puede interesar