Opinión

'¿PUEDE HABER UN IDIOMA SIN GRAMÁTICA?'

Con iste tíduo, sinado por J.L. Penedo en La Región, veño de ler un seu artigo co que estou plenamente dacordo nos datos históricos, mais non nas conclusiós, dito co maior dos respetos. Mirando o período que abrange o mandato dos catro últimos presidentes da RAG, coido que non pode ser mais negativo na andaina da lingua galega. Escomenzouse cun rexurdimento do interese pola lingua, poñendo como pretesto un movemento a prol da súa resureución e mailo lugar a ocupar por ela dentro da nosa cultura e identidade diferencial, mais co uso dela como arma política como verdadeiro motivo.


Os roces entre 'montescos e capuletos' da 'movida' lingüística fixeron que os presidentes, todos, unhos por pasiva (os non políticos e con poucos azos de liortas inteleutuales cos seus colegas) e outros por autiva (os políticos, con mais presencia e forza nos mangoneéos ou, polo menos,os mais ruidosos) consintiran unhos iestableceran outros unha ringleira de normativas, cada cal mais absurda e inoportuna, curiosa e incriblemente, con forza de leis, e que agora se recoñecen como inútiles e necesitadas dunha gramática institucional da RAG, malia ser o presidente autual o mais político de todos iles.


Respostando á pregunta que plantea o tíduo devandito, podemos dicir que, efeutivamente, e como amosa o mesmo exemplo do idioma galego, que sempre foi trasmitido de xeito oral, pódese falar e fálase, sin intervención de gramático algún. O que se non pode é escribilo si se non tén o soporte dunha gramática propia ou, como é o caso, usando algunha gramática de lengua allea, coma o portugués e o castelán, coma soporte utilitario, mesmo coma o musgo nas ponlas dos árbores.


Agora, co gallo do Día da Lingua Materna, veñen 'os de sempre' anunciarnos a 'boa nova' da 'elaboración' a curto plazo da Gramática Institucional da RAG. Eu, cando vexo que o secretario xeral de Política Linguística encoméndalle o labor de trasmitirlle o idioma hastra ós pais non galego falantes; cando penso que as outras academias recadan a lingoaxe da rúa pra limpala e fixala, e as comparo coa nosa, que deturpa o idioma e despois trata de obrigarnos, non soio a como hai que escribilo sinon tamén a como hai que falalo; cando os que, pretendidamente, van a facer dunha vez a necesaria gramática, son os mesmos que levan anos 'manexando o cotarro'; cando,en fin, vexo que todo parece reducirse a cambear algo pra que todo siga igoal, soio me resta facerlle unha respetuosa pregunta ó amigo Penedo: ¿De verdade pensa que istes persoaxes van deixar de lado a 'gramática parda' coa que tan bén lle vai e van adicarse ó que se supón que debía ser o seu cometido de 'limpar, fixar e dar esplendor'? ¿Non será oportuno acollerse ó da 'dúbida metódica'?


Andaremos e veremos.

Te puede interesar