Opinión

Puestos a pensar

Con iste tiduo veño de ler en La Región, con data 6 de abril, un artigo que coido merece unha cativa refleusión. Di nel o autor que a masiva asistencia ás urnas do 1 de marzo, comparada con outras de máis alta absención, mesmo asemella que os galegos foron a votar, a pé feito, na intención e precura de tumbar ó bipartito e que, postos a pensar, é posible que unha das causas polas que o BNG perdeu un diputado foi ‘a súa decidida política e promoción do idioma ia creación das galescolas’. Completamente dacordo. Nun meu artigo, de 13 de marzo, non soio digo o mesmo senon que o tema linguístico foi, pra min, o máis determinante no resultado das eleuciós. No que atinxe ó señor Quintana, non dubido que coidase, dende a súa posición de militante nacionalista, que as galescolas son un medio inmillorable de cara o adoutrinamento dos miúdos ia formación do espíritu de clan, como ficou nidiamente demostrado co resultado acadado polas ikastolas vascas, modelo copiado en Galicia. Isto, que nun político nacionalista é comprensible, o non é cando o mestre/profesor se convirte en adoutrinador, en troques de impartir cultura iensino imparcial e aséptico que lle permita ó educando escoller, libremente, as ouciós que millor lle acomoden e sin que ninguén pense por il.


Bótalle o articulista a culpa á dereita de esplotar, sin o menor asomo de pudor, séculos de ‘educación’ que ocasionou a aparición en escena de ‘ese esperpento de Galicia Bilingüe, apoyado por muchos gallegos’. ‘Sabemos, al respecto, que en Galicia no existe bilingüismo; en Galicia tenemos diglosia. De ello habló claro, hace décadas, el profesor Xesús Alonso Montero, en su ‘informe’ dramático sobre la lengua gallega’.


O nomear á ‘dereita’, nunca custión linguística, non é máis que unha traición do subconscente pois, que se saiba, o idioma é patrimonio de todos, sin esceución, malia que haxa partidos políticos que o queiran posuír en esclusiva.


Outra cousa é que a súa teimuda ideoloxía lle non permita ver que o mesmo apelativo de ‘Galicia Bilingüe’ leva vencelladas, esplícitamente, as dúas linguas. Eu, que coido non ser dubidoso no que atinxe á miña lingua nai, nin pertenzo a ningunha caste de organización nin partido político, entendo que alcumar de esperpento á devandita asociación, ou o que sexa, non é máis que unha patexada do monolinguísmo frustrado.


A custión de que en Galicia non hai bilin guísmo, que o que hai é diglosia, porque o dixo o profesor A. Montero, aceptada así, sin máis, polos seus ‘fans’, indica a capacidade de raciocinio crítico distes.


Diglosia é o fenómeno que consiste en que, nunca mesma lingua, haxa unha culta e máis outra vulgar. Isto, no galego, reflexouse sempre na diferencia entre o idioma pseudo literario (non hai que esquecer a moitedume de verbas castelás empregadas polos ‘eruditos’ galegos, alcumados de ‘galego culto’) io idioma oral, da rúa. Podería dicirse que o mór facedor de diglosia fixo o equipo normativizador ó facer un idioma oficial que seriá distinto iestaría por riba das variantes linguísticas, de toda Galicia.


Bilinguísmo é a posesión de dous idiomas distintos e que se poden empregar indistintamente. É o noso caso, con galego e castelán. Polo tanto, o pobo galego é bilingue, lle pese a quen lle pese e, asemade, tén un problema de diglosia ‘múltiple’ no eido do galego e que seguiría habendo aínda que, de sutaque, desaparecese o castelán.


E, pra rematar, non é, cando menos, paradóxico que unha persoa que bota pestes do bilinguísmo en castelán, empregue, a contra dil, a mesma lingua de Cervantes?

Te puede interesar