Opinión

¿Quen mata o galego? (I)

Sí, ó longo dos tempos, o galego io castelán conviviron nun relativo equilibrio, mais ou menos armónico, aturando todo tipo de presiós, ataques e desprecios e, agora é coma un barco que fai augas, e polos ataques orquestrados desde dentro. Pra ser mais esautos, desde os orgaísmos oficiales e oficiosos que dicen ter a obriga de velar polo idioma, coma, p.ex., a Real Academia da Lingua Galega (R.A.G.), a Direución de Política Lingüística, a Mesa pola Normalización, etc. O castelán non tén problema, por ter unha Academia que funciona moi bén.


Paradoxicamente, mentres a trasmisión do galego era de xeito oral, as nais e pais galegos facían ós seus fillos depositarios da nosa fala e da nosa cultura. Cando os orgaísmos, digamos incompetentes, principiaron coa imposición da normativa, bastardeando todo o proieuto, con moitedume de desacordos, opiniós encontradas, cacicadas,perversiós linguísticas e de outras castes, etc., a trasmisión da lingua sufriu un retroceso que, si Deus o non remedia, dará cabo da nosa lingua. Parece que os que debían decatarse diste feito e porlle remedio andan a discutir si son galgos ou podencosos que a morden ou, o que é o mesmo, botándolle a culpa ós que queren falar os dous idiomas e a quen os apoia.


Todos coñecemos os problemas que, por mor da normativización, houbo entre os mesmos académicos da R.A.G., onde a falla de coñecemento real do galego, da gran maoría dos seus compoñentes soio era comparable ó esceso de ideoloxía política nacionalista de moitos diles que, como berran moito, parecen mais dos que son, foron os causantes da deriva pro lusista que aínda padecemos e mais do record de normativas que levamos e que, sempre que sae unha nova é, en boa parte, pra anular ou reformar cousas das anteriores.


Cando se creou a R.A.G., en 1925, fixouse como ouxetivo acadar unha norma escrita xeral común ia confeución dun dicionario. Vai pra 105 anos e aínda se non fixo.


Naquelas datas, había un gran índice de analfabetismo, sobor de todo no rural, que aínda que, como dicían Feixóo, Sarmiento e outros, o ideal sería ensinar ós rapaces na súa lingua nai, non era posible por non ter artellado un sistema, nin os mestres preparados pra esta continxencia, nin tampouco a vontade gubernamental de facelo.


Era unha época de moito debate de casino na que, con esceución de algunha xen te bén tenzoada, os debates, reuniós, xogos florales, inauguraciós, receuciós, etc., soio servían pra saír na foto conmemorativa e pra maior gloria dos oradores de turno, en aquelas xuntanzas de egos. É decir, mais ou menos coma hoxe. Calquer persoa con sentido común, sin coñecementos especializados sobor da lingua, decátase aixiña de que, cando se fixeron as sucesivas normativas, os gramáticos, si os había, debían estar todos de vacaciós.


O núcleo representativo da R.A.G. -posiblemente o único traballo que fan sexa o da representación- é un conxunto de colegas,presentes en todolos eventos, que se van turnando en pregós e autos e discursos varios, supoño que cobrando, que forman unha élite esclusivista, na que non é doado entrar. É xente que, normalmente, é moi versada en literatura e moi pouco en lingua galega. Istes pseudos galegistas son os encarregados da defensa e promoción do galego. O raposo coidando as pitas.


Poñamos unhos botós de mostra.


Un académico, autor dun dicionario bastante axeitado, escribe artigos nun xornal galego, en galego normativo. Quere isto dicir que, como resultado da normativización, os dicionarios de sempre non sirven agora e, polo tanto, a pregunta é nidia. Iste home ¿engañábanos co seu dicionario ou engáñanos agora? Un direutor de Política Lingüística, que escribe no mesmo xornal, nun seu artigo escribiu a espresión ‘van viñendo’, en troques de van vindo.


Todo un presidente da R.A.G., vaca sagra do galegismo e, por certo, por ganar as eleuciós en que o candidato opositor era un asturiano, emprega, a cotío, o verbo transitivo ‘encetar’, senso literal de encetar unha viaxe, encetar unha amizade, encetar unha nova era que, como cita, acertadamente o Dicionario Xerais, siñifica empezar. Coller ou tomalo primer anaco dunha cousa que estaba enteira (encetalo pan). De tal xeito que, segindo a súa teoría, cando dicimos que, p.ex., imos encetar unha casa, non sabemos si é que imos empezar a facela ou imos empezar a derrubala.


O mesmo persoeiro emprega, de xeito moi particular, o verbo mirrar (encoller, murchar), como cando escribe murchou o día. E o día, por levarlle a contra, sigue a ter 24 horas.


Outra vaca sagra do galegismo autual emprega a verba cuxo, co siñificado do castelán cuyo, que non tén isa aceución en galego, por estar perfeutamente cuberta por o cal/o cual. É un vocábulo que recollen os dicionarios de Cuveiro Piñol, Eladio Rodríguez, Franco Grande, Ir Indo, Carré Alvarellos, etc., como cría da vaca, tenreiro dun ano ou menos e, tamén, coma becerro sin capar. O mesmo persoeiro usa o termo arraiano (xente da raia/da fronteira), cando esta xente sempre se auto nomeou raiano ou rioto.


Nun libro de tésto, nunha das varias leuturas do seu contido, traía un pasaxe no que un raparigo increpaba á súa irmá, que o amenazaba con descubrirlle, ante seu pai, non sei que falcatruada, coa seginte esclamación ‘ai túa’, no senso ai de ti.


O ésito acadado por todos istes gurús da lingua, a xuzgar polo número de imitadores que teñen, confirma aquil aserto de que unha mintira, repetida moitas veces, convírtese en verdade. Un amigo meu di que, a esta situación, o que millor lle acae é o refrán de que un parvo fai un cento.



Te puede interesar