Opinión

‘San Dedo’

Todalas prebendas, sinecuras, canonxías, etcétera, e mesmo postos de traballo, de maior ou menor relumbrón e dotación económica, non son cousa dagora nin esclusiva de ningún partido político ou orgaísmo calisquer. Son potestade dun santo, ó que todos iles mesmamente parecen estar, oferecidos, o ‘San Dedo’.


Xa, dende o principio dos tempos, o dedo dos reises sinalaba ós agraciados coas recompensas en terras, tíduos e honores, como premio a moi variadas axudas ou servizos prestados. Do mesmo xeito, o dedo da nobleza fornecía os seus dominios con xente de confianza pra controlar o bon funcionamento de todo aquelo que atinxira ós seus intereses. Nunca ficou por tras a Eirexa, que non soio sempre fixo o mesmo sinon que, ás veces, foi un pouco alén do que os outros; cousa normal si se tén en conta que ela é a encarregada do santoral.


Xa no primeiro tercio do século XIX describía Larra, nos seus ‘Relatos de Costumes’, a desolación que imperaba nos ‘paniaguados’ que ían deixar os postos acadados pola desiñación do dedo do seu partido político, no intre de conquerilo poder -nun tempo en que non había Seguridade Social ni subsidio de paro- ia ledicia dos que, sinalados polo dedo do partido entrante, estaban á porta, agardando a saída dos outros pra entrar iles.


Xa, dende o principio dos tempos, o dedo dos reises sinalaba ós agraciados coas recompensas en terras, tíduos e honores O mesmo vén a ocurrir nos tempos presentes. Os partidos políticos, por aquelo de que ‘a caridade, bén entendida, comeza por un mesmo’, colocan ós seus, cousa que hai que aceptar como lóxica e ‘normal’. Por iso, resulta cómico que os militantes dun partido se alporicen porque en tal ou cal orgaísmo, Concello ou Diputación dé as colocaciós o ‘San Dedo’, mesmo facendo trampa, cando os alporizados, nas mesmas ou parecidas circunstancias, fán o mesmo e, normalmente, nomean a palla no ollo do outro e non a trabe no propio.


Moitos dos militantes, teñan ou non outros medios de vida, traballan arreo, a prol do seu partido, convirtíndose en algo semellante a fanáticos segidores dos seus dirixentes e que non adoitan escoltar razoamentos allegos, por moi fundados ou evidentes que poidan ser. Pódese dicir que teñen un proceder que os asemella moito ós forofos futbolísticos. A diferencia está en que unhos van ás manifestaciós pra pidir ou protestar por algo e, os outros, ván a tal ou cal fonte a celebrar as vitorias e rirse dos contrarios.


É un ‘santo’ que non tén sinalado día no calendario. Eu coido que podería festexarse no mesmo día de Santa Rita, por mor de que os que van ofrecidos a il van, despois, a pidirlle á santa unha axuda ‘extra’. A pesares de ter as súas capelas, normalmente, en edificios oficiales e laicos, e non nas eirexas, non deixa de ser un ‘santo’ moi milagreiro. A proba é a moitedume de ‘devotos’ que acuden, cos seus presentes, a darlle as gracias ó ‘santo’ e mais na precura de que os non deixe da súa mau. E un santo que, dito sexa de paso, non precisa de día sinalado porque está de ‘servicio permanente’.



Te puede interesar