Opinión

O señor Callón

Teño diante de min o xornal La Región, de data 26/5/08, onde vén unha entrevista ó ‘inefable señor Callón, presidente da Mesa pola Normalizacilón Linguística’. Tiña feito o íntimo propósito de non volver a preocuparme do persoaxe nin polas recurrentes ‘paridas’ pseudo linguísticas que acostuma ceibar a cotío, seguramente buscando o efeuto de que ‘unha mintira recuncada mil veces convírtese en verdade’. Mais non é doado resistirse á tentación de crarexar tantas andrómenas como nos queren facer tragar.


O señor Callón seica é licenciado en filoloxía galega e portuguesa. É correuta a distinción entre galego e portugués porque son dúas pólas distintas dun mesmo árbore, ou sexa, dúas linguas distintas, malia que a Mesa que preside o señor Callón diga que é unha mesma lingua, á que nomean galego-portugés.


‘Asegura que o galego está na peor situación de toda a súa historia e vai facer todo o posible pra cambiar as tornas porque, lembrando o apuntado por Castelao, ‘se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma’.


Pódese considerar o idioma como sinal identificativa de procedencia do individuo. Co que se non pode estar dacordo é en que o idioma imprima caráuter, dígao Castelao, Agamenón ou o seu porqueiro. Os idiomas soio sirven pra comunicarse.


Dice tamén que ‘do ano 87 a hoxe empeorou moito, por exemplo, o uso espontaneo e diario do galego. Rómpese a transmisión entre xeracións, moitos pais non lle transmiten ós fillos a lingua na que foron criados, seguindo unha tendencia ben diferente á de Cataluña ou Euskadi’.


Os pais galegos que lle transmiten ós fillos a lingua nai, fanno nunha moi semellante á que emlprega o señor Callón nas súas despostas. O que pasa é que o Normativo que despois lle esixen non tén nada que ver con iste. Esa é, precisamente, a causa de que os pais galegos se negen a participar nesta cirimonia da confusión da Babel lingüística.


O caso de Cataluña e mailo de Euzcadi, por moito que o queiran adobiar, é o mesmo que o do galego ou, sería millor decir, moito mais grave porque xa lles é tarde pra unha volta atrás de un sistema que está a empobrecer, culturalmente, á mocedade de dous pobos que detentan un aterrador índice de fracaso escolar.


Láiase, tamén, de que o castelán sexa o idioma de uso maioritario do funcionariado, sin decatarse de que é o mais normal ó ser, como é, o idioma oficial do Estado e coñecido polo 100x100 da poboación polo que, si temos en conta a portentaxe de falantes de cada lingua ias necesidades reales do seu emprego, habería que decir, en pura lóxica, que o galego emprégase mais do que lle correspondería.


Si o castelán é imprescindible como lingua do estudo, funcionariado e de mais temas ‘oficiales’, tamén é verdade que o galego é pra nós, os gale gos, insustituíble no eido das relaciós íntimas, da amistade e do espírito. Por iso se non pode obrigar ó seu uso a contra gusto, polo rexeitamento que a imposición provoca.


Manifesta, asimismo, que ‘hai moito prexuízo, pero non é certo que o galego impida progresar’.


Aínda sin ter en conta que os resultados escolares non din o mesmo, poderíase ter en conta esta afirmación si soio se falase galego, como si estiveramos a vivir nunca barbulla. Mais, no momento en que iste teña que competir con outros idioma scon mais implantación e riqueza, caso do castelán, ou cando o galego-falante teña que saír fóra de Galicia, é coma un atranco do que se ve obrigado a prescindir. E non vale que queiramos pechalos ollos ó que, desgraciadamente é a realidade.


Coido que o señor Callón e a súa Mesa, si é que de verdade queren a Galicia, deberían de fomentar o aprendizaxe e uso da lingua galega, dende o sentimento e non dende a imposición e da política, sin obrar coma comisarios linguísticos esixentes e abafantes. E, finalmente, esquecerse da maladada inmersión lingüística e promover o imprescindible debate, encol da lingua, pra artellar unha lingua escrita común, pra toda Galicia. E non como a que temos, a Normativa contra natura, que soio sirve pra identificar os galusos de Galiza.



Te puede interesar