Opinión

"Estúpida sentimental"

Está inmensamente feliz e non é para menos, por fin víu a luz o seu primeiro traballo discográfico, gracias ao seu tesón e tamén a un bó número de amigos que participaron no “crowdfunding” que a xoven cantante galega puxo en marcha para facer realidade o seu soño.

Yhadira encandeou coa sua voz e os seus ollos a todos os espectadores do programa “La Voz” de Tele5, aínda que fose a súa amiga Paula Rojo quen continuase no equipo de Melendi quedando ela apeada da competición, como xa lle acontecera anteriormente ó seu noivo, o tamén artista Hugo Torreiro. Pero un e outro falan marabillas desta experiencia que lles permitíu darse a coñecer ao gran público español como xa fixeran previamente co público galego, a través do concurso “Recantos” de Luar onde participaron, e no caso de Hugo mesmo chegando a saborear o gran premio na final, co que se alzara a carballiñesa Maret; era a primeira vez que eu exercía de xurado e tiven claras dúas cousas, unha que Maret era sen dúbida a gran voz do certame, e outra que sería Hugo Torreiro quen faría carreira musical, como así está sendo.

Agora é Yhadira quen nos presenta o seu “Estúpida Sentimental”, un disco de completa autoría persoal en letra e música no que se reflicte perfectamente a súa personalidade, coas  emocións e sentimentos propios da idade pero cunha madurez realmente impactante. Non falo deste disco desde a amizade que nos une, que é moita, senón desde a posición dun espectador e oínte privilexiado que leva o disco de fondo musical no coche e disfruta con cada unha das composicións. Hay unha música e unha voz que envolven e emocionan, e hai sobre todo un gran talento, cheo de humildade pero tamén cheo de ilusión e ganas. Ganas de darse a coñecer dentro e fora das nosas fronteiras naturais e ganas de competir duramente neste mundiño musical tan complicado; para elo utiliza Yhadira todas as armas ao seu alcance, desde o formato dixital (Amazon, Google Play, iTunes e Spotify) ao formato físico CD Digipack, cun excelente traballo de producción por parte de Nacho Varela. O disco comeza co tema “Tus sentidos”, que é unha excelente carta de presentación e vai pouco a pouco introducíndonos nese universo íntimo de linguaxe sinxelo e directo, cunha musicalidade que se move entre a desnudez instrumental e un desbordante caudal de voces e ritmo, ao dicir dalgúns excelentes críticos.

Anda Yhadira agora mesmo de promoción, cunha posta de longo que terá lugar no Teatro Principal de Santiago e cunhas ganas tolas de entrar de cheo no Sur de Galicia, terreo que aínda ten pouco explorado, con moita ilusión por visitar Ourense e Vigo, onde non dubido será recibida cos brazos abertos, como a recibiremos esta mesma noite no “Bamboleo”, compartindo programa con “Maldita Nerea”, a Orquestra Olympus e o grupo “The Funkles”, pelexando novamente pola audiencia como xa o fixemos a pasada semana nunha noite especialmente competitiva, pero que nos demostrou unha vez máis que a fidelidade do público galego é das que nunca fallan. Así dá gusto facer televisión, mil gracias.
 

Te puede interesar