Opinión

El "Quitapenas" de Lucía Pérez

Acertado título para o novo traballo de Lucía Pérez que sae esta semana ó mercado e que tiven o privilexio de recibir antes ca ninguén, o mesmo día que saía do “forno” dos Estudios Montepríncipe de Madrid onde se gravou, como sempre baixo a Producción de Chema Purón. Nesta ocasión Lucía rodeuse do mellorciño á hora de darlle vida a este disco que marca un punto de inflexión na súa carreira; contou co enxeñeiro de son Bori Alarcón, gañador de varios Grammy, que está detrás de moitos traballos de La Oreja de Van Gogh, Paco de Lucía ou Rosana; e rodeouse dos músicos Iñaki García, Paco Salazar e Mondy Alonso, habituáis nos traballos de Dani Martín, Pablo Alborán ou Amaya Montero entre outros. Para o deseño artístico do disco, Lucía Pérez contou co traballo do Colectivo “Boamistura”, nominados ós Grammy e responsables do deseño de varios traballos para Carlos Santana, Dani Martín ou Lagarto Amarillo entre moitos outros.

Un punto e aparte na carreira da cantante galega, que con este “Quitapenas” quere meterse de cheo ó público no peto a base de músicas variadas que van desde o pop-rock latino ata o reggae, pasando pola música fronteiriza, a de ritmo trepidante ou a balada máis potente; cunha versión realmente fantástica do “Moonlight Shadow” de Mike Oldfield que titula “Sombra de la luna”, e cun aceno ó seu idioma de cuna na canción “Sete Chorares”.

O xoves fixo a súa presentación no “Luar” da TVG, eu tereina en breves datas no “Bamboleo” cando xa estea en plena xira de verán por todo o Estado, despois dun inverno no que se prodigou en actuacións fora do noso país, percorrendo Europa desde Inglaterra ata Finlandia, pasando por Suiza, Holanda e Alemania; e saltando o charco para estar cos seus fans en Arxentina, Uruguay, México, Panamá e Brasil.
Por Latinoamérica seguro que acollerán moi favorablemente este novo disco, onde en países como Guatemala os “Quitapenas” son uns monequiños ós que os nenos, e algúns maiores, lles contan os seus problemas poñéndoos debaixo da almofada para que durante a noite sexan eles os que os resolvan e as persoas poidan levantarse felices e contentas. Unha fermosa historia para un fermoso disco, o sexto na carreira de Lucía, unha artista que xa pisou os mellores escenarios onde triunfan os grandes, como o mítico de Viña del Mar en Chile ou o eurovisivo de Düsseldorf onde fixo unha soberbia actuación con aquel “Que me quiten lo bailao” ó que soamente ela foi quen de darlle vida.

PADRIÑO AUDIOVISUAL

Este pasado xoves tiven a honra de exercer de padriño especial dos alumnos de Producción e Son do IES Audiovisual de Vigo, nunha divertida Gala de Fin de Ciclo celebrada no Salón de Actos do EAV ubicado xunto ó mar de Bouzas. Sempre é un pracer para min volver ós centros académicos dos que proveño, e uns cantos anos despois ver como as novas fornadas de estudiantes, a pesar do panorama laboral tan desolador, seguen tendo ilusión e ganas de facer algo importante nas súa vidas. Foi divertido deixarse contaxiar do “rap”, o “rock”, as curtametraxes e o humor que presidiron as dúas horas de gala, e foi toda unha honra ser recibido con moitísimo respecto e cariño polo alumnado e os profesores presentes. Quixen nas palabras que lles dirixín facer un canto á esperanza en tempos difíciles, porque tampouco o tiñamos nada fácil hai anos os rapaces que coma min tivemos que estudar moi duro para manter as becas que nos permitían facer carreira; pero fomos quen de ir cumprindo os nosos soños á base de moito esforzo, pasiño a pasiño, e loitando contra non poucos elementos.

CON ROBERTO VILAR

Atópome no restaurante santiagués “El Pasaje” do amigo Pepe Rumbo con Roberto Vilar, ataviado cal “guiri” veraniego e disposto a probar as exquisiteces do local. Convidoume a visitar a súa nova casa recén estreada no Concello de Teo, moi preto dese “Plató Mil” que tantas noites de alegrías nos fixo vivir, tanto no seu “Land Rober” como no meu “Supermartes”, onde Roberto comezara a súa carreira artística facendo de concursante cunha canción de Dyango, e posteriormente protagonizando algunhas das mellores cámaras ocultas da historia do concurso. Nese plató, onde agora se fan “Luar” e “Bamboleo”, entre outros programas, presentoume o showman lugués á súa querida nai, de visita pola capital de Galicia, e que me confesou ser siareira incondicional, cousa que lle agradecín.
www.superpiñeiro.com

Te puede interesar