Opinión

"Sempre Suaves"

Acabo de ver a través da web de La Región o vídeo onde Los Suaves anuncian a súa xira de despedida, e non podo por menos que dedicarlle estas liñas a quenes levaron o nome de Ourense por todo o Estado. Nalgunha ocasión falando con amigos cataláns quedaban impresionados de que tivera compartido plató e tertulia con Charly, era pouco menos que dicirlles que falaba con Deus; así era a devoción que sentían por este grupo de rock&roll que ata consegíu ganarme a min para a causa. Non vou presumir agora de ser un dos seus seareiros máis incodicionais, os meus gustos musicais van máis por outros derroteiros, pero sí que conseguiron desde aquel primeiro concerto ó que asisitín na mítica Sala Vanessa que mercara moitos dos seus discos e disfrutara con moitos dos seus temas; aínda me sorprendo a min mesmo nos programas de televisión que fago ou utilizando o seu mítico “esta vida me va a matar”, expresión que para min irá ligada de por vida ao carismático Yosi, a quen coñecín cando a súa compañeira sentimental compartía conmigo os estudos de Pedagoxía; unha marabillosa muller que me recordaba a Katja Ebstein, a intérprete alemana do “Siempre hay algún milagro” no Festival de Eurovisión.

Pois esta mítica banda ourensá, da que os seus membros presumen con orgullo do título de fillos predilectos e medalla de ouro da cidade, inicia xira de despedida, e seguramente será de verdade, non como outros artistas que están de despedida perpétua; e será con toda seguridade unha xira brutal en todos os sentidos, porque como dí Yosi “adios significa adios”, e non dubidamos que será un adeus de vatios e emoción como nunca antes foi. Débenllo ós milleiros de incondicionais de todos os puntos da xeografía española que enchen a rebentar os seus concertos. Gravarán videos para a posteridade, seguramente farán disco do seu directo e a escenografía estará a altura das circunstancias. Non todos os anos se despide unha das bandas máis importantes da música española das últimas décadas, e tanto os que estean enriba do escenario como os de abaixo saberán que están na mellor xira da súa vida.

Gustoume cando na última edición do Premio da Ourensanía o presidente provincial Manuel Baltar incluíu a Los Suaves entre os persoeiros imprescindibles nunha lista selecta de xentes importantes do Ourense pasado e presente, xa ía sendo hora de que cando se fala dos pobos e da súa historia se inclúan aquelas persoas ou institucións que lle dan sentido e vida ós mesmos, veñan éstes do ámbito que veñan. Hai poucos anos en Compostela quixeron que o pregón das festas do Apóstolo lle fora encomendado ao limpabotas do aeroporto, toda unha institución, e a min pareceume acertadísima a elección. Seguramente ese home sabía máis da historia da cidade que moitos eruditos. E foi profeta na súa terra e a xente aplaudíulle a rabear, tal como Los Suaves son profetas na vella Auria, aplaudidos por todos os que lle queremos e valoramos enormemente o seu traballo no mundo da música e a súa contribución por dar a coñecer a Ourense no mundo. Con canas ou sen elas, acudiremos por “penúltima” vez á gran festa; quen sabe, igual os máis militantes non os deixan marchar tan fácilmente.

Te puede interesar