SERVIZOS

Baltar afronta a reforma do sistema de saneamento

<p></p>
photo_camera Na imaxe móstrase un dos buracos que se tiñan que abrir cando se atascaba o saneamento.

Na obra, calificada de "urxente" polo Concello, invertiranse 200.000 euros

O Concello de Baltar, mediante un acordo coa Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia, vai a acometer, nos vindeiros meses, unha reforma do seu sistema de saneamento.

Trátase dunha reivindicación que se viña facendo polo o Consistorio dende hai varios anos. "A situación era inconcebible", sinala o alcalde do municipio, Jose A. Feijóo. "Había que correxir o problema do saneamento de maneira urxente xa que estaba afectando a casas e establecementos".

Ata o momento, os vertidos tiñan como destino unha fosa séptica que se "atrancaba" con facilidade e que estaba próxima a locais comerciais, casas particulares e áreas de lecer. "Había que desatascar o sistema de sumidoiros con moita frecuencia", explica José A. Feijóo. "Era unha labor que xa non era doada de acometer para os técnicos responsables e ademais, afectaba ao entorno", engade.

A obra de saneamento vai a consistir no cambio das antigas tuberías por outras novas. O destino das augas residuais será a depuradora da zona, pero acometer este novo trazado non será doado. "A depuradora non se colocou no seu día no lugar máis axeitado", explica o rexidor. "Polo sistema de pendentes existente, e para conseguir que os vertidos cheguen á depuradora, haberá que profundizar no terreo entre tres e catro metros", engade.

O orzamento aprobado para acometer esta obra de urxencia ascende aos 200.000 euros. Existe compromiso por parte da Xunta para comezar a correxir o problema o vindeiro mes de febreiro.

Para o alcalde de Baltar, esta concesión é "un motivo de extraordinaria satisfacción". "Despois dunha loita de moitos anos vamos a poder correxir, por fin, o problema do saneamento", sinala o rexidor. "Os vertidos vanse destinar á depuradora", engade Jose Antonio Feijóo. 

Te puede interesar