“A rede de sumidoiros de Xinzo ameaza á veciñanza con cheiros incómodos que se repetirán eventualmente nos próximos meses”, comunica o Bloque, que esixe medidas específicas para que este problema non se converta nun inconveniente tanto para o día a día dos veciños e veciñas da vila e do resto da comarca, como, especialmente, para a hostalería.
Otros problemas
Vila lamenta que “este grupo de goberno ten demostrada a súa incapacidade de anticiparse ós problemas tal e como vivimos co tema dos colexios electorais pechados, o malestar provocado coas podas do outono ou a falta de pediatras no centro de saúde, por iso lle axudamos a que non siga cometendo os mesmos erros que paga a veciñanza”.
O alcalde, Amador Díaz, quixo contestar ao portavoz do BNG dicindo que “non ten coñecemento de cal é a situación dos sumidoiros do Concello de Xinzo. Eu invito ao voceiro para facer unha reunión conmigo e cun tecnico de Viaqua”.