O BNG da Limia inaugurou a súa nova sede na Rúa dos Viños

O BNG estrea nova sede en Xinzo de Limia

O BNG da Limia inaugurou a súa nova sede no número 21 da Rúa dos Viños. “Tras os excelentes resultados acadados nas eleccións municipais, un BNG coas forzas e os folgos renovados volve instalarse no corazón da vila, xusto ao lado de onde hai boa cantidade de anos, botara a andar o proxecto nacionalista en Xinzo”, sinalan os nacionalistas.

Ao evento achegáronse Noa Presas e Iago Tabarés, representantes da organización no Parlamento Galego; o portavoz na cidade de Ourense, Luís Seara; e o deputado provincial, Bernardo Varela; ademais dun cento de simpatizantes e militantes da formación política na vila e na comarca. 

Noa Presas ve un exemplo no BNG de Xinzo e mostrou gran optimismo de cara ó porvir. “Éncheme de confianza no futuro ver o gran equipo e dinámica de traballo social que conseguiron xerar pese ás dificultades”, manifestou.

Te puede interesar