O Instituto Galego de Consumo organiza charlas sobre cómo aforrar no recibo da luz

O vindeiro xoves 17 o programa da Xunta "Dalle luz á túa factura" visitará Xinzo de Limia ás 16 horas no Salón de Plenos do Concello. 

O vindeiro xoves 17 o programa da Xunta "Dalle luz á túa factura" visitará Xinzo de Limia ás 16 horas no Salón de Plenos do Concello. 


Trátase de xornadas informativas para achegar aos consumidores as chaves para que poidan aforrar no seu recibo eléctrico. Os coloquios centranranse en aspectos fundamentais como elixir o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar; revisar a potencia contratada ou valorar a discriminación horaria. Nestes encontros farase ademais fincapé no aforro e a eficiencia enerxética, e achegarase información sobre como realizar os diferentes trámites ou presentar reclamacións ante as compañías eléctricas. Ademais, os consumidores poden acceder a unha nova aplicación na que, introducindo os seus datos de consumo eléctrico, recibirán recomendacións concreta. Estas ferramentas complementan así o labor de información e asesoramento que se desenvolve a través do Instituto Galego de Consumo e das oficinas municipais de información ao consumidor (OMICs).


Xinzo non será o único municipio ourensán nin galego onde se realicen estes encontros. O programa visitará un total de 70 concellos galegos, dos cales 20 serán na provincia ourensá. En concreto, esta semana estará nos concellos da Pobra de Trives, Castro Caldelas, Boborás, San Cristovo de Cea, Nogueira de Ramuín, Coles, Allariz, Verín e Monterrei.
 

Te puede interesar