PRECAMPAÑA/ XINZO DE LIMIA

O PSOE presenta unha lista ‘renovada e xoven' en Xinzo

xinzo_psoe_result
photo_camera Os candidatos do PSOE ao Concello de Xinzo de Limia, con Elvira Lama en primeiro termo.

A candidatura está encabezada pola actual concelleira Elvira Lamas

O PSOE de Xinzo de Limia presentou onte a candidatura coa que participará nos comicios municipais do 24 de maio. Encabezada por Elvira Lama, os socialistas aseguran que confeccionaron unha lista "renovada e xoven", integrada por persoas "serias, profesionais, que teñen forza, ganas e ilusión por mudar un concello sumido na máis absoluta decadencia".


Elvira Lamas, aseguraba esta en política "porque son unha veciña comprometida co meu pobo e acompañada por un grupo de persoas xóvenes desde Concello que están en política por convicción e non por conveniencia". A candidata socialista recoñece que "non é un momento fácil para dar un paso adiante en política, xa que despois de falar con  moitos veciños, a maioría prefire manterse ao marxe e deixar que sexan outros os que fagan o traballo", polo que se sinte "orgullosa de que me acompañe xente nova, á que lle queda moita vida política por diante".

Te puede interesar