O PSOE de Xinzo alerta dun atentado contra as árbores

Elvira Lama llegó a la Alcaldía de Xinzo tras un pacto entre cuatro partidos.
photo_camera Elvira Lama
Os socialistas de Xinzo critican que o goberno local  "ordenou desmouchar de novo as árbores" na Avenida de Celanova "en contra dos informes técnicos"

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia alerta do que considera “un novo e grave atentado ecolóxico contra o arborado da vila desta vez na Avenida de Celanova”. Os socialistas responsabilizan ao rexedor, Amador Díaz, de amparar as decisións da responsable de área, Cistina Campero, “que ordenou desmouchar de novo as árbores desta céntrica rúa da capital, autorizando este tipo de poda en contra dos informes sobre as árbores e dos criterios dos técnicos que o martes visitaron o lugar”.

Dende o grupo municipal socialista critican que o equipo de goberno municipal “actúe en contra das recomendacións dos informes e dos técnicos que visitaron o parque e a avenida de Celanova esta mesma semana en compañía da concelleira e responsable da área de parques e xardíns, recentemente tamén nomeada axente forestal da Xunta de Galicia”. Consideran que Campero e Díaz “deberían deixarse aconsellar polos que saben e non mandar actuar á lixeira, facendo caso omiso aos técnicos”.

A portavoz, Elvira Lama, considera que “volveron as vellas prácticas de desmouchar ás árbores”.

Te puede interesar