Xinzo e Sandiás favorecen a inserción laboral das mulleres

Obradoiro
photo_camera Felipe Traveso e Elvira Lama, no centro, xunto aos participantes no obradoiro.

Dos 16 alumnos que participan no obradoiro promovido polos dous concellos, 14 son mulleres

O Obradoiro de Emprego Vía da Prata, promovido entre os concellos de Xinzo de Limia e Sandiás, comezou a súa andaina este luns con 16 alumnos dos que 14 son mulleres. Para favorecer a inserción laboral feminina, os municipios acolléronse á Lei de Igualdade que, segundo precisou a rexedora limiá, Elvira Lama, “permitiunos facer unha discriminación positiva en favor das mulleres”. 

Neste senso, segundo explicaron durante a presentación deste taller, de nove meses de duración, celebrada onte na capital limiá, “para dirimir os posibles empates nas puntuacións finais entre dúas ou máis persoas candidatas establecéronse, por orde, os seguintes criterios: muller vítima de violencia de xénero, mulleres, persoas de 45 ou máis anos, por idade (18-29 anos) e os aspirantes de entre 30-44 anos”. 

A rexedora de Xinzo, Elvira Lama, transmitiu os seus mellores desexos ás participantes: “Agardo que co voso esforzo consigades mellorar a vosa calidade de vida”. 

Pola súa banda, o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, animou ao alumnado a poñer todo o seu empeño por aprender e recalcou a importancia das obras que se levarán a cabo para revalorizar o patrimonio da Vía da Prata.

Diversos proxectos para revalorizar o Camiño ao seu paso polos dous núcleos

Para poder levar a cabo o Obradoiro Vía da Prata -ao que se remitiron preto dun cento de solicitudes-, os Concellos de Xinzo e Sandiás recibiron unha subvención de 277.556 euros por parte da Xunta de Galicia, aínda que ambas administracións afrontarán o 100 por 100 das actuacións que se realicen nestes meses. 

Entre outras intervencións programadas para Xinzo, atópase a mellora da pavimentación e accesibilidade no Camiño (Avenida de Ourense, parque Pombal e Rosalía de Castro) e a rehabilitación dunha área degradada á beira do río Limia, ao carón do parque da Seara e a estrada de Baltar, para convertela en parque urbano. 

Por último, en Sandiás, os traballos centraranse en mellorar a imaxe do Camiño agochando os contenedores que se atopan ao seu paso, así como en acondicionar as variantes habilitadas nos últimos anos. Tamén se renovarán dúas marquesiñas deterioradas. 

Apúntate a nuestra newsletter

La Región redobla su apuesta con la actualidad e incrementa su cobertura informativa con sus nuevas newsletters. Lo único que tienes que hacer para recibirlas es suscribirte aquí de forma gratuita. Los lectores podrán recibir cada día a primera hora de la mañana una selección con los titulares de la jornada. Asimismo, cada noche podrán conocer las claves que nos deja la jornada en la provincia con el boletín nocturno.

Los apasionados al deporte también tienen espacio con la newsletter deportiva. Cada viernes, la sección de Deportes de La Región selecciona las citas imprescindibles del fin de semana en Ourense. Los miércoles, turno para el boletín del Xornal Escolar, donde se detallan toda la actualidad de los colegios de la provincia, la agenda de actividades o las opiniones de expertos.

Te puede interesar