A xuventude de Xinzo conciencianse das barreiras arquitectónicas

TALLER (1)
photo_camera Sabela Pérez e Tatiana Estévez charlando cos cativos no pabellón de Xinzo.
A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense e Cogami -Confederación Galega de Persoas con Discapacidade- promoveron a iniciativa.

A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense e Cogami -Confederación Galega de Persoas con Discapacidade- desenvolveron en Xinzo este martes un obradoiro de sensibilización sobre a discapacidade e, concretamente, sobre as barreiras arquitectónicas ás que se enfrentan no seu día a día todas as persoas que padecen algún tipo de mobilidade reducida. 

O obxectivo desta iniciativa foi inculcar nos máis novos da vila unha sensibilidade sobre esta cuestión. Neste senso, os rapaces e rapazas participantes coñeceron a realidade da discapacidade a través da súa participación en varias dinámicas propostas

A actividade, que se levou a cabo no pabellón de deportes de Xinzo e que forma parte das propostas para os máis novos neste verán, foi impartida por Tatiana Estévez e Sabela Pérez, ambas representantes das dúas entidades promotoras.

Te puede interesar