ANTROIDO EN VIANA

Fálase moito do triángulo antroideiro da provincia. Bos carnavais, por certo... pero tamén é verdade que o de Viana non lle les desmerece. ¿Non o coñecen? Pois a bo seguro que quedarían admirados. Que si os folións... as comadres, compadres, o desfile dos nenos, as disputas. O xeito de facer os lardeiros... E para remate, o 'Domingo Gordo'. Día grande, Festa da Androlla.
Folións vidos de lonxe, de aquí, de aló, de acolá. Comparsas, carrozas, desfile larguísimo, retumbar de bombos, con reminiscencias célticas. Montóns de espectadores. E despois, a comida. Banquete abondoso a base de 'cocho', 'cabucho'... bós postres, bica, 'vianos', e para que a dixestión non se faga lenta, a copiña de queimada e un quentiño café.

Quedarán encantados e recuncarán, ¡seguro!

E se o mércores de cinza queren voltar, nunca olvidarán o 'Enterro da sardiña', festa que desde sempre fan os do 'Cabo da Vila' e que os encantarán co seu trato e larpeiradas caseiras que fan con todo esmero, e conservan a tradición dende sempre. En tempos de represión, sempre enterraran a sardiña, e os seus lamentos plañideiros ouvíanse de lonxe.

Te puede interesar
Más en Cartas al director