A DESPOBOACIÓN DO RURAL

Quero pensar que o conselleiro de Medio Rural simplemente se expresou mal cando afirmou que 'a despoboación do rural é unha tendencia que non se pode cambiar, aínda que si reducir o seu ritmo mediante políticas que non desatendan o sector primario'. De ser esa a súa verdadeira opinión, simplemente debería presentar a dimisión. Tal afirmación significa recoñecer a morte do rural, limitándose a tomar medidas para que a súa agonía sexa un pouco máis lenta.
A tendencia actual é gravísima, pero as administracións agravan a situación cas súas políticas. Cada vez se investe máis nas grandes áreas de poboación (básicamente no eixo atlántico) en detrimento das áreas rurais. Estas sofren unha continua merma nos servicios públicos, continúan con grandes deficiencias nas infraestructuras e reciben numerosas trabas para a realización de actividades productivas.

Ante esta situación, o habitante do rural vese na obrigación de abandoar o seu pobo, deixando cada vez máis deserta este amplo territorio de Galicia. Calquer especie animal que presenta algunha dificultade para a súa supervivencia recibe un plan integral para garantizar a sua continuidade. Namentras, a especie máis amenazada no rural, o ser humano, vese abandoado pola administración. Resignándose ante a súa desaparición, sen facer nada por evitar esta fatal situación.

Te puede interesar
Más en Cartas al director