eduardo pondal

Naceu en Ponteceso, en 1835, e faleceu na Coruña, en 1917. Foi un dos poetas máis destacados do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez. Pondal era un poeta romántico e simbolista, representante do celtismo artístico (os seus poemas están cheos de referencias reais ou imaxinarias ao mundo celta, que vía como orixe e pasado glorioso do pobo galego). A súa obra tiña unha intencionalidade nacionalista, incitando nela á rebeldía.
Deuse a coñecer co poema en castelán Brindis, lido no Banquete de Conxo de 1856, en desafío da orde estabrecida e en memoria dos trece militares galeguistas e progresistas fusilados dez anos antes en Carral, por térense rebelado contra a Coroa española. As súas principais obras son Queixumes dos pinos, de 1886 e Os Eoas, de 1992; así como varios poemas soltos, coma Os pinos, cuxas catro primeiras estrofas foron escollidas para convertérense no himno galego.

Pondal tiña unha boa posi-ción económica e foi durante un tempo médico militar, abandonando esta profesión dun xeito peculiar. Como soan, como soan / Os pinos co vendaval; / Soade, pinos, soade, / Que é doce vos escuitar.

Te puede interesar
Más en Cartas al director