AS FESTAS DE MACEDA, ALGO MAIS QUE UNHAS FESTAS!

No momento que estamos a vivir o nomear a palabra festa semella unha frivolidade e un atrevemento difícil de abordar.
Pero permítanme falar desta vez das festas dende unha vertente económica máis que cultural que penso que é o que acontece en moitos pobos e vilas do país, e así tamén en Maceda. Recordo de toda a vida o dinamismo económico que sempre supuxeron as festas de Maceda: dende dous ou tres meses antes xa se facían arranxos nos fogares: reformaban os cuartos, adquiríanse algunhos electrodomésticos e mobiliario, pintábanse e, por suposto, se alguén estaba facendo unha casa ou reforma xeral a data de remate desta situábase en torno as festas. Os negocios e pequenas industrias tamén abrían ou se remodelaban para abordar as festas, e istes facían un acopio das mercancías para afrontar a demanda que supuñan o acontecemento. E, por suposto, o Concello tamén apuraba os proxectos e obras, polo menos os máis vistosos, como prazas, aceiras, xardíns, alumeados, mobiliario urbán e pintado de vías, para que estiveran listos xa na semán anterior das festas, e así ser máis apreciados polos veciños e visitantes.

Así ben, as festas de Maceda sempre foron e seguen sendo un punto de inflexión, un punto de referencia dos veciños que xera un dinamismo económico tanto para o investimento, a produción, prestación de servizos ou consumo, incrementándose moito con respecto ao resto do ano. E esto acontece antes, durante, e despois dos propios días de festa, e prácticamente en todos os sectores: Hostalería, alimentación, comercio en xeral, profesionais reparadores do fogar, perruquerías, promotores e constructores, iso si, con afectación e intensidade distinta.

En base aos datos dos que se dispoñen, e facendo unhas estimacións medias podiamos chegar a que a hostalería e alimentación durante a semana das festas alcanza unha facturación de catro veces máis, o comercio e profesionais do fogar e perruquerías unha facturación de tres veces máis durante a quincena das festas, e o resto dos negocios o dobre durante o mes anterior. Integrando todos os sectores durante un mes poderiamos concluir que o efecto económico das festas supón un 30 por cento dos ingresos de todo o ano, e polo tanto dos beneficios e do emprego de toda a actividade económica de Maceda.

Pois ben, nestes momentos, aparte das ondas de recortes e austeridade, interesadas ou mal entendidas que intentan imporse, é cando debemos aproveitar os nosos recursos, as nosas potencialidades e a nosa experiencia como pobo. E, polo tanto, poderiamos dicir aquela de que se non houbera festas habería que inventalas, pola gran incidencia na economía local, e polo gran papel de unión e convivencia que sempre fan unhas festas para os seus veciños.

Te puede interesar
Más en Cartas al director