Percorre Ourense buscando un pediatra

Ás veces, cando lemos cousas que relatan outras persoas, parécenos que iso aquí non pasa, que nos están a contar unha película. Non nos decatamos da realidade ata que nos pasa a nós. E con isa realidade dinme de bruces non fai moitos días cando, cun bebé de poucas semanas, andiven por distintos centros médicos de Ourense á búsqueda dun pediatra.

O ’ruteiro’ comenzou no ambulatorio que me pertence pola cartilla sanitaria, ó que acudín despois de ter pedido con anterioridade a cita previa.
Alí estábamos congregados un bó número de pais cos seus correspondentes fillos á espera de que nos atendera o pediatra. Pasadas dúas horas, unha señorita anunciounos de que era inútil a espera xa que a consulta quedara suspendida, e suxeriunos que foramos ó PAC de Concello. Alá nos diriximos.

Cando no PAC lle comentamos o ocurrido e para que estabamos alí, a persona que nos atendeu tamén nos indicou que ese día tampouco habería no PAC consulta de pediatría, polo que tiñamos dúas posibilidades: ser atendidos por un médico de familia cando nos tocara, ou acudir ó servicio de urxencias do CHOU. Optamos por esta segunda.

No Complexo Hospitalario volta a relatar o ocurrido nos sitios anteriores. A resposta foi que alí realmente só era para atender os casos máis urxentes, que teriamos que esperar bastante, e que se non estabamos conformes, que cubriramos unhas follas de reclamación. Apremiados pola hora de acudir ó traballo decidimos por punto final á peregrinaxe, rezando para que o bebé non empeorase.

¿Quén ten a culpa diste desastre sanitario? Só faltaría que me dixeran que o paciente.

Te puede interesar
Más en Cartas al director