XA NON QUEDAN MOUROS

Os mouros son uns seres imaxinarios creados polo pobo galego.
Non son cristiáns e viven nos castros e en covas, agochando grandes tesouros. A miña sogra asegura que antes había moitisimos, pero que agora xa non se ven. E conta unha lenda, que non vin recollida en ningures. Di que dous veciños dunha aldea do Courel baixaban á feira de Pobra de Brollón e que, polo camiño, uniuselles outro home, co que foron falando ata chegaren á feira. E, ao regreso, fixeron tamén xuntos boa parte do camiño ata que, de súpeto, o home que os acompañaba desapareceu como por arte de maxia. E foi aí cando se decataron de que era un mouro.

Te puede interesar
Más en Cartas al director