A Casa dos Poetas premia a fidelidade do IES de Nigrán

Os alumnos do IES Val Miñor de Nigrán foron sorprendidos onte na súa visita a Casa dos Poetas de Celanova cun diploma de recoñecemento pola 'súa fidelidade' coa casa e pola 'admiración profesada' ao autor de 'Aires da miña terra' ao participar por sexto ano consecutivo nas actividades que se organizan. 'A Fundación Curros Enríquez quere mostrar publicamente o seu agradecemento a aqueles centros que ano tras ano repiten a súa visita á Casa dos Poetas e participan nas nosas propostas literarias, como é o caso do IES Val Miñor de Nigrán', señalaban.
Máis de 140 centros galegos pasaron pola Casa dos Poetas nestes cinco anos. Pouco a pouco a Fundación Curros Enríquez estase aproximando a cumprir un dos obxectivos marcados polo seu presidente, Antonio Mouriño, de que ningún estudante de Galicia remate os seus estudios sen pasar pola casa de Curros Enríquez.

Te puede interesar