As vítimas do franquismo e Celso Emilio, protagonistas no homenaxe arraiano

A Asociación cultural Arraianos celebrará o vindeiro sábado 29 de agosto nas Terras de Celanova, sendos actos de homenaxe as vítimas do franquismo, así como ó poeta e escritor celanovés Celso Emilio Ferreiro na data na cal se conmemora o 30 aniversario do seu pasamento.
As actividades están previstas para o vindeiro sábado, 29 de agosto. As doce da mañá terá lugar unha homenaxe ás víctimas do franquismo, no Alto do Furriolo (Concello de A Bola). Un lugar paradigmático do que foi a represión trala guerra do 36, e onde fai tres anos inaugurouse un mural na súa memoria. Unha obra baseada na reproducción en ferro do dibujo original do diseñador Xosé Vizoso na que tamén colaborou ou ourensán Xan Torres. Familiares dos represaliados e escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Baldo Ramos, Anxo Angueira ou Daniel Romero participarán nun recital poético e musical que rematará cunha ofrenda floral.

Cemiterio San Breixo

Pola tarde, dende as 18.30 horas, o cemiterio de San Breixo de Celanova acollerá un recital poético e musical na honra do poeta Celso Emilio Ferreiro, coincidindo co 30 cabodano da súa morte. O autor de ‘Longa noite de pedra’, ‘A taberna do galo’ ou ‘Onde o mundo se chama Celanova’ morreu subitamente en Vigo os 69 anos o 31 de agosto de 1979.

Te puede interesar