O Consello da Cultura acolle un novo debate sobre o estado da arte contemporáneo en Galicia

O Consello da Cultura Galega acollerá os días 18 e 19 de abril a segunda fase das xornadas de análise e debate sobre o estado da cuestión da arte contemporáneo en Galicia.
Organizadas pola sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, que coordina María Luísa Sobrino, as xornadas abordarán todo o relacionado coas actuacións institucionais e as expectativas do mercado.

O mércores 18 o debate abordará o papel das institucións, para o que intervirán personalidades como o director da Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero, a directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira; o director do Marco, Iñaki Martínez e o director do CGAC, Miguel Von Hafe.

A cuarta mesa redonda, o xoves 19, reflexionará sobre o mercado de arte coa asistencia das galeristas Nuria Blanco, Marta García-Fajardo e Asunta Rodríguez; así como de Sofía Santos, vicepresidente do padroado do CGAC.

Te puede interesar