Un documental dá a coñecer o Arde Lucus nos Estados Unidos e na India

A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, informou de que un documental sobre o 'Arde Lucus', elaborado polo realizador Brais Revaldería, deu a coñecer esta celebración nos Estados Unidos e na India.

Segundo informou Carmen Basadre aos medios de comunicación, o propio director comunicou ao Concello de Lugo que o documental foi exhibido na pasada fin de semana no George Lindsey UNA Film Festival, na cidade de Florence, no estado de Alabama.

Nunha carta enviada á concelleira, o propio Revaldería explícalle que o director dun dos "filmes con máis éxito" que participou nese festival, Venkat Krihnan (India), "mostrou moito interese tanto no documental como na festa".

Alén diso, o realizador recibiu nos últimos días "confirmación de catro novas candidaturas para o documental, tres no Madrid International Film Festival -que decorrerá en xullo- e unha no Dada Sabe Phalke Film Festival, na India.

Te puede interesar