O III Congreso do Mundo Celta analiza en Narón a xenética galega e a presenza na cultura atlántica

O III Congreso Internacional do Mundo Celta contará dende este venres ao domingo no Pazo da Cultura de Narón (A Coruña) coa presenza dos mellores expertos mundiais para analizar dende unha perspectiva multidisciplinar a presenza dos celtas na Europa atlántica, dende o punto de vista da xenética ou da toponimia.
O Congreso está organizado polo Instituto Galego de Estudios Céltico (IGEC) e financiado polo Concello de Narón, a Xunta de Galicia e a Deputación de A Coruña. Na súa terceira edición, márcase como obxectivo analizar 'Os celtas na cultura atlántica'.

Partindo de este obxectivo, o congreso contou este venres coa presenza de Ángel Carracedo, director do departamento de Medicina Forense da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que trata de explicar, dende un punto de vista xenético, a posible orixe celta de Galicia, a través dos desprazamentos de poboación de Galicia a Irlanda.

A análise xenética dos movementos poboacións acaparou a primeira parte do Congreso, pero ata o domingo, serán os investigadores históricos 'os que complementarán esta información, para obter unha visión global', segundo explicou a Europa Press Heitor Rodal, responsable do IGEC.

No relatorio inaugural púxose de manifesto que o avance na tecnoloxía de estudio da xenética está a permitir chegar a un maior detalle do que existía ata agora e que permite obter información e datos máis concretos sobre ese movemento de poboación entre Irlanda e Galicia.

Neste evento preténdese, así, sacar á luz as últimas investigacións científicas que se deron polos avances técnicos en investigación xenética ou da lingüística, obter unha mirada multidisciplinar sobre un tema sobre o que se leva debatido moito tempo e chegar a unhas conclusións que axuden a esclarecer o que foi a influencia e o pasado da cultura celta en Galicia, indicou Heitor Rodal.

A toponimia tamén acapara parte do programa do congreso, coa presenza, entre outros, do profesor en Cultura e Literatura comparada Luis Magariños Iglesias, que analizou a orixe e significado dos nomes Portugal e Galicia, para explicar a vinculación dos dous termos en torno ao núcleo léxico 'gal'.

CONTINÚA O SÁBADO

O Congreso continuará este sábado cunha intensa xornada na que se abordarán diversos temas de carácter lingüístico, como as raíces gaélicas da lingua e a toponimia galegas, e a evolución da lingua oral e escrita. Así mesmo, tamén se abordará a cultura celta dende a perspectiva da arqueoloxía institucional e a organización do territorio, en torno á existencia de fronteiras ou as rutas do noroeste atlántico.

Está prevista tamén a presenza da profesora da Universidade Federal de Uberlandia, Ana Donnard, para expoñer as achegas aos estudios céltico dende Brasil, e do Doutor en Filoloxía hispánica Ernesto Vázquez Souza, para abordar a arte da guerra do mar ou sobre a natureza Atlántica.

Te puede interesar