Suárez Canal destaca a importancia de que a sociedade se involucre na protección dos montes

Medio Rural estará alerta pero non cambiará os plans para reforzar a loita contra o lume

 Suárez Canal
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, afirmou que este departamento autonómico non ten previsto adiantar a posta en marcha do dispositivo de alto risco contra incendios, que se seguirá activando no que definiu como ’campaña forte’ que, en principio, adoita corresponder cos meses de verán de xullo, agosto e setembro. Suárez Canal incidiu na necesidade de ’cambiar a concepción do bosque’, pero ’comezando polos propios propietarios dos montes’.
O responsable de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, sinalou en Santiago que ’o clima está a evolucionar’ cara a un estado ’máis seco e con chuvias máis concentradas e escasas’ é unha cuestión coñecida por ’todos’. Por iso, aínda que admitiu que isto feito non axuda á extinción dos lumes forestais, subliñou que,’por desgracia, en Galicia poden producirse incendios en calquera momento’.

Ante este risco, Suárez Canal lembrou que Galicia conta cun dispositivo de extinción de incendios que ’funciona os 365 días do ano’ e que se reforzará ’se as circunstancias climáticas o requiren’.

Deste modo, recoñeceu que o clima pode provocar que se contrate ’antes’ persoal fixo discontinuo -que está composto por 610 efectivos- xa que insistiu en que o dispositivo ’se’modifica en cada momento adaptándoo ás previsións. Precisamente, informou de que este persoal será contratado o martes, aínda que remarcou que isto non significa que a campaña de alto risco empece antes’.

Suárez Canal foi o encargado de inaugurar en Santiago a convención de Agrupacións Veciñais de Vixilancia Forestal (AVVF), que debateron sobre métodos de traballo e intercam biaron experiencias con outras agrupacións similares doutros puntos da península, como Cataluña e Portugal.

Durante a súa intervención na inauguración, o conselleiro reprobou que antes de poñer en marcha as medidas iniciadas pro o actual executivo en materia forestal, ’existía certo vivir de costas ao monte nos seus tres aspectos básicos: o económico, o social e o ambiental’.

Te puede interesar