García Barbón volve á súa localización en Irmáns La Salle

O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, explicou que “este é o lugar idóneo"

A brigada de obras do Concello trasladou onte a estatua en honra a José García Barbón, situada na praza verinesa que leva o seu nome, á súa localización histórica na parte exterior da Biblioteca Municipal, na rúa Irmáns La Salle.

O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, explicou que “este é o lugar idóneo xa que, ademais de retornar á súa localización, evita os problemas de seguridade e tránsito que provocaba na Praza García Barbón".

Te puede interesar