OCIO NO VERÁN

Verín empeza a preparar unha nova Escola de Verán

Escola veran Verin_result
photo_camera Foto de familia dos participantes na oferta lúdico-deportiva realizada o pasado ano 2016.

As actividades terán lugar en xullo e agosto e están dirixidas a 180 nenos 

O Concello de Verín anunciou no día de onte a apertura oficial do periodo para inscribirse na escola de verán que dende o día 3 de xullo e ata o 31 de agosto estará dispoñible para todos aqueles pais das criaturas nadas entre o 2003 e o 2014.

As actividades que conforman o programa, que terá lugar de 10,30 a 13,30 horas, se distribuirán en grupos homoxéneos de idades (3-4 anos, 5-6-7 anos, 8-9-10 anos e de 11 a 14 anos). Están establecidas dúas opcións, unha xeral que abranguerá os cinco días da semana, e outra que so estará dispoñible os luns, mércores e venres. Nesta última, haberá dúas posibilidades: unha xenérica, aberta aos nenos de entre 3 e 14 anos, na que disporán de xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradorios, cinema e outras actividades de ocio e tempo libre. Desenrolaranse tanto no pavillón municipal como nas piscinas de A Granxa. O grupo de fútbol e fútbol-sala será tamén deses mesmos tres días, no polideportivo de A Granxa. 

No caso de que se opte polos cinco días, os inscritos poderán igualmente, se o desexan, acudir tres días da semana ao grupo no que so se oferta a actividad balompédica no recinto deportivo dos institutos. As prazas estarán limitadas a un máximo de 180 nenos, e será imprescindible a inscrición previa en horario de 9 a 14 horas nas oficinas do pazo dos deportes da vila, na rúa Irmáns Moreno. 

O primeiro día da escola de verán, o tres de xullo, farase unha xuntanza informativa para todos os pais dos nenos, ás 10,30 horas. Os prezos variarán de xeito notable dependende de se se ten ou non a tarxeta de eurocidadán e se se inscribe ao cativo os dous meses, un so mes ou unha quincena. O custe para o periodo íntegro da escola os cinco días da semana será de 125 euros sen a tarxeta e de 100 euros no caso de que se posúa.

Te puede interesar