89 viños do Ribeiro optan ós Premios Gallaecia

Sendas delegacións da Asociación Galega de Catadores e a Asociación de Sumilleres Gallaecia achegáronse onte á sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro para catar un total de 89 viños (nos que hai unha selección de viños brancos, tintos e tostados) para outorgar os Premios Excelencia e as Distincións Gallaecia respectivamente.
Para hoxe está prevista a apertura do 'Túnel do viño das Catas de Galicia 2013', coas mostras de viños que participaron nas catas de Galicia. A cita será no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago, ás 12,00 horas. O evento realízase con motivo do 25 aniversario das catas dos viños de Galicia.

Te puede interesar