As cartas entreRisco e LosadaDiéguez collen formato de libro

A localidade de Moldes, no municipio de Boborás, acolle hoxe a entrega do premio 'Antón Losada Diéguez', que nas súas vodas de prata promoven os concellos de Carballiño e Boborás e a Deputación de Ourense.
Foi precisamente a institución provincial quen editou o 'Epistolario de Vicente Risco a Antón Losada Diéguez', de Joaquim Ventura Ruiz, que será presentado no acto. O programa iniciarase ás 11.00 horas cunha misa na igrexa de San Mamede, cantada polo coro 'Música Viva'.

A continuación, no pazo da familia Losada, o presidente do Pen Clube Galicia, Luis González Tosar, presentará ós dous galardonados neste ano: Pablo Carpintero, co seu traballo 'Os instrumentos musicais na tradición galega', e Domingo Villar, autor da novela 'A praia dos afogados', que recibirán cadaseu premio de 6.000 euros.

Te puede interesar